GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bergantiños chega a Suíza a través das ondas

(17/03/2011)

Bergantiños chega a Suíza a través das ondas

No programa «O Papagayo», que se emite en Radio X, colaboran varios veciños da Costa da Morte.

Autor:
M.P.VALLE
Data de publicación:

Os oíntes da comarca saben que a actualidade da comarca chega a diario a todos os fogares da Costa da Morte a través de Voces de Bergantiños, o programa de Radio Voz que presenta Mar Varela Chouciño. Pero en ocasións, as historias da zona chegan un pouco máis lonxe grazas a outras emisoras amigas, como Radio X, que todos os mércores pola tarde, de oito a nove, emite O Papagayo, un programa integramente en castelán. Lóxico, pensarán. O que non lles contei é que Radio X só se oe en Suíza, concretamente na rexión de Basilea, onde residen moitos veciños e descendentes da Costa da Morte. Entre eles un dos colaboradores do espazo, o vimiancés José Raimundo Insua Méndez, natural de Braño e secretario do Consello de Residentes Españois en Berna-Basilea, ademais de activo colaborador de Sementeira, unha das principais entidades galegas en Suíza.

O Papagayo, que naceu no 2006, estivo dedicado o pasado mércores á comarca de Bergantiños, así que imaxinen a emoción que deberon sentir os escuchantes da zona que residen alá. Ademais de José Raimundo, entre os colaboradores do programa hai outros veciños da Costa da Morte, como Iliana Belo, de Señoráns (Vimianzo); Samanta Penas, de Carnés (Vimianzo); Sara Carreira, de Oza (Carballo); Jessica Martínez, de Carballo; Patricia Teijido, de Muxía; Tania Martínez, de Carballo, e Vanesa Espasandín, de Vimianzo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas