GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xornada Informativa sobre subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante.

(16/03/2011)

Xornada Informativa sobre subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante.

 
 
Mércores, 16.03.2011
  • A Subdirección do Retorno e da Inmigración organiza unha xornada informativa con motivo da inminente publicación da convocatoria de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante.

Día: 31 de marzo
Hora: de 10:00 a 14:00 h.
Lugar: Aula 5, Escola Galega de Administración Pública (R/ Madrid, 2-4. Fontiñas. Santiago de Compostela)

 

Durante a xornada analizarase polo miúdo a resolución da citada convocatoria para o ano 2011. Farase especial fincapé tanto na documentación que debe acompañar á solicitude coma na xustificación da subvención que deberán presentar os posibles beneficiarios.

A xornada esta dirixida ó persoal das entidades sen ánimo de lucro, susceptibles de ser beneficiarias da citada convocatoria, encargado da tramitación e xestión das subvencións. Non obstante poderá acudir calquera persoa das citadas entidades que estas estimen oportuno. Só se admitirá un máximo de dúas persoas por entidade.

Para inscribirse na xornada deberán enviar un correo electrónico a inmigracion.retorno@xunta.es, no mesmo deberán indicar o seu nome, apelidos, entidade á que pertencen e o cargo ou posto de traballo que teñen na mesma.

A xornada terá lugar, en todo caso, con posterioridade á publicación da convocatoria. De non saír publicada a resolución antes do 31 de marzo aprazarase a xornada para unha data posterior, o cal será comunicado as persoas inscritas mediante resposta ao correo electrónico dende o cal solicitaron asistir ao acto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas