GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo acolle este sábado o Encontro da Inmigración 2011

(11/03/2011)

Vigo acolle este sábado o Encontro da Inmigración 2011

 
 
Xoves, 10.03.2011
  • Organizado pola Secretaría Xeral da Emigración, abrangue diversos actos ó redor da mostra Galicia somos todos.

O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, será o encargado de presidir os actos do Encontro da Inmigración correspondente á súa edición deste ano, que nesta ocasión ten como lugar de acollida o Peirao de Transatlánticos da Estación Marítima de Vigo.

As actividades darán comezo á cinco da tarde coa inauguración da exposición Galicia somos todos, unha mostra fotográfica que reflicte a testemuña de inmigrantes radicados en Galicia. Trátase dunha ollada ampla e plural sobre a poliédrica realidade da inmigración que nos rodea, fuxindo dos tópicos e facendo boa a máxima da nixeriana Joan John, unha das protagonistas da mostra: “A inmigración axuda a construír sociedades máis tolerantes”.

Así, na mostra convértense en embaixadores desa mensaxe un transportista arxentino, un músico angolano, unha comerciante venezolana, unha cociñeira romanesa, un guía e un hostaleiro brasileiros, unha estudante marroquí, un carpinteiro, un maquinista e unha veterinaria uruguaios, un escritor inglés, un camareiro cubano, outro polaco, outra máis paraguaia e máis outra mozambicana, un músico ruso e outra húngara, un mecánico islandés, un enxeñeiro escocés, unha esteticista nixeriana, un deseñador mexicano, e unha economista xaponesa. Aínda que, ao final, amósase que a procedencia de cada quen é o menos importante: “Un é de onde está vivindo”, segundo testemuña o angolano Manuel Lopes.

Trala inauguración da mostra, terán lugar no mesmo enclave as actuacións musicais do grupo andino Macchu Picchu e do caboverdiano Batuko Tabanca, así como do cantante galego Carlos Bau. As actividades teñen sido organizadas pola Secretaría Xeral coa colaboración do Porto de Vigo, a Fundación homónima, e a Deputación Provincial de Pontevedra.

Non é casualidade que se teña escollido Vigo como punto do Encontro deste ano, toda vez que, ademais de ser a cidade máis poboada da Galicia territorial, é a que máis número e maior porcentaxe de inmigrantes acolle. Recentemente, a Secretaría ten organizado actividades similares noutros puntos xeográficos de relevancia na recepción de estranxeiros, como o porto lugués de Burela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas