GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Regulamento xa está na Comisión de Traballo e Inmigración do Congreso

(11/03/2011)

O Regulamento xa está na Comisión de Traballo e Inmigración do Congreso

Xoves, 10 de Marzo de 2011

congresoA secretaria de Estado de Inmigración, Anna Terrón, presentou onte na Comisión de Traballo e Inmigración do Congreso o borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría. Na súa comparecencia, destacou que o texto vincula a inmigración á situación do mercado laboral e evita as contratacións de conveniencia. Tamén destacou que se están pechando acordos con países de orixe para favorecer o retorno.

Terrón afirmou que o texto ofrece maior estabilidade aos contratos entre empleadores e persoas estranxeiras para evitar posibles contratacións de conveniencia. Deste xeito, no caso de que o empleador non responda a razóns obxectivas ao finalizar esta relación laboral, non poderá volver contratar a ningún traballador estranxeiro nos seguintes tres anos.

Respecto dos informes relativos ao esforzo de integración, que deben emitir as Administracións autonómicas dentro dos procedementos sobre renovación de autorizacións de residencia, insistiu en que estes seran excepcionais e que non deberán presentarse cando se cumpran os outros requisitos necesarios para as renovacións. O borrador do Regulamento desenvolve o contido mínimo que deben incluír estes informes.

A Secretaria de Estado referiuse ante os membros da comisión aos programas de retorno que impulsa o Goberno que, asegurou, facilitaron o regreso aos seus países de orixe a 30.000 estranxeiros. Ademais, anunciou que se están pechando acordos con distintos países para favorecer o retorno, de modo que sexa un incentivo permanente e non medidas que respondan a un momento puntual. RedInmigrante.é

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas