GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os novos «galegos» de Madrid non veñen de Galicia

(10/03/2011)

Os novos «galegos» de Madrid non veñen de Galicia

A crise non aumenta a emigración directa, pero si a dos descendentes

Autor:
gonzalo bareño
Localidade:
madrid / a voz
Data de publicación:
10/3/2011

Oficialmente son 77.471. Ese é, segundo o Instituto Nacional de Estatística, o número exacto de persoas nacidas en Galicia que estaban censadas na Comunidade de Madrid no 2010. Pero a pegada da emigración galega na rexión é moito maior, xa que moitos seguen censados nos seus pobos e cidades de orixe a pesar de residir na capital e a súa provincia. As estimacións máis fiables sitúan ao redor de 350.000 o número de habitantes de Madrid que están vinculados dalgún xeito a Galicia, ben por ser galegos de orixe, fillos de pais nacidos nalgunha das catro provincias galegas ou estranxeiros descendentes de galegos.

«Por suposto que somos máis dos que din, pero cada vez somos menos, porque o galego xa non necesita emigrar como antes. E o que o fai vaise ao estranxeiro e non a Madrid, onde hai tan poucas oportunidades como en Galicia», asegura Andrés Domínguez diante dun prato de polbo nun dos centenares de bares e restaurantes galegos repartidos por territorio madrileño. Sabe do que fala. El chegou en 1982 e tardou moi pouco en atopar traballo na construción. Pero agora quedouse no paro.

As cifras danlle a razón a Andrés. Ao contrario do que ocorre en países como Alemaña ou Suíza, a crise non está a aumentar o éxodo de galegos cara a Madrid. O número de nados en Galicia que están censados na capital e a súa provincia permanece estancado desde o ano 1996, o último do que o INE ten datos oficiais. Entón eran 77.200, só 271 menos.

 

Éxodo a partir dos anos 50

O gran bum da emigración galega cara a Madrid produciuse a finais dos anos cincuenta e alcanzou ata os setenta. O progreso económico reduciu despois esa diáspora de xeito radical. «Os mozos en Galicia xa non necesitan emigrar como o fixemos nós. Algúns veñen a Madrid como poderían ir a calquera outro sitio, pero non porque aquí abunde o traballo», comenta Severino, condutor nunha empresa de repartición e nacido na Coruña hai 52 anos. «Por iso agora prefiren integrarse aquí canto antes en lugar de buscar a compañía e a axuda doutros galegos, como faciamos nós», explica.

Cando se pregunta aos galegos residentes en Madrid, esa mestura entre a resignación polo feito de que cada vez sexan menos e o orgullo de que Galicia non sexa xa unha fonte de man de obra barata para Madrid é unha constante. Pero se a crise non parece afectar significativamente á emigración desde Galicia a Madrid, si aumentou por outra vía o número de persoas vinculadas a Galicia nesta comunidade. Tanto nos organismos oficiais como nos centros galegos detectouse un aumento considerable do número de estranxeiros descendentes de galegos que chegaron a Madrid nos últimos anos. E eles si tenden a solicitar axudas das institucións públicas e a dirixirse aos centros e asociacións de galegos da comunidade como primeiro centro de acollida e de convivencia social. Moitos fillos e netos de galegos volveron a España pola crise ou porque aproveitaron a posibilidade de obter a nacionalidade española. Algúns foron a Galicia, pero outros moitos acabaron en Madrid.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas