GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cerceda en Suiza, 25 anos

(09/03/2011)

Cerceda en Suiza, 25 anos

Máis de 400 emigrantes xúntase arredor do seu centro de Xenebra, nacido en torno ao fútbol, agora con sete equipos

Autor:
s. g. rial
Localidad:
carballo / la voz
Fecha de publicación:
9/3/2011

A emigración galega en Suíza cumpriu o ano pasado 50 anos, tras a firma dun convenio entre España e a nación helvética. Entre os primeiros galegos que partiron había uns cantos de Cerceda, e algún aínda queda. Foi este concello un dos pioneiros de Galicia, e a súa forza migratoria aínda se pode ver grazas ao seu centro, que leva o nome do Concello. Este e máis o da veciña Tordoia son os únicos de España que teñen representación directa en Suiza (posiblemente, tamén en Europa) e, proporcionalmente, son os galegos con máis emigrantes nese país.

O centro cercedense cumpre este ano 25 de funcionamento. Naceu grazas ao fútbol, o Clube Deportivo Cerceda, e aínda se mantén esa filosofía, pero na realidade é moito máis. O clube foi fundado no 85, pero non sería ata o 86 cando comezou a súa liga. O veterano presidente é Manuel García Castro, e explica, dende a fermosa cidade suíza, que nos vindeiros meses celebrarán esta data redonda.

Ricardo Fraga, natural de Queixas, está á fronte dos equipos. No Cerceda hai sete. O principal xoga na Terceira Liga, un pouco menos que a Terceira galega. Eles compiten no cantón de Xenebra. E teñen xa un nome feito, pola veteranía e pola capacidade. Ao contrario que o Tordoia, que tamén ten conxunto, a matriz do equipo está formada por xente de Cerceda. Entre as incorporacións hai outros galegos, un italiano que tamén fala galego e ata un libio, dende fai doce anos. Son todos unha gran familia, e son ademais o equipo líder español en Xenebra.

O centro que teñen agora foi inaugurado polo alcalde fai tres anos. É un gran clube social. ¿A canta xente move? Os números son cada vez máis complicados de facer, porque moitos retornaron e as segundas e terceiras xeracións xa se van misturando, pero ronda os 200 socios familiares, co que, nunhas contas conservadoras, saen máis de 400 usuarios habituales dos 600 e pico cercedenses que seguen en Suíza. Chegou a haber 1.300. Aínda son unha parroquia ben forte.

crónica a diáspora comarcal

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas