GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2011.

(09/03/2011)

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2011.

 
 
Información e formularios de inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 2 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2011.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
08.03.2011
Estado: 
Procedemento Aberto

Obxecto das Axudas:

A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2011. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios/as:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas:
a) Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron Galicia sempre que, antes de emigrar, tiveran a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.

b) Os familiares das persoas indicadas na línea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.

Os/as anteditos/as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos dos/as beneficiarios/as:

  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
  • Ter traballado no exterior durante un período mínimo de 1 ano. Quedarán eximidos deste requisito:

-    As persoas que teñan 65 anos ou máis na data de publicación desta resolución ou que cumpran 65 anos ao longo do ano 2011.

-    Os/as solicitantes que teñan recoñecida unha discapacidade por un organismo público oficial español nun grao igual ou superior ao 65%.

  •  Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a data de publicación desta resolución (08/03/2011).
  • Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.

Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2011 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar.

  • Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000€ máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar.
  • Quedan excluídos/as das axudas desta resolución:

1.    Os/as beneficiarios /as de anteriores resolucións da Secretaría Xeral da Emigración de axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares.

2.    Os/as solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles), cuxo valor supere o límite de 15.000€ máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. e Formularios de Solicitude (picar aquí para descargar)

Bases reguladoras segundo o establecido no anexo I da Resolución do 12 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, DOG nº 72, do 19 de abril (picar aquí para descargar)

Corrección de erros das bases reguladoras, D.O.G. 27 de abril de 2010 (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes dirixiranse á: SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN - SUBDIRECCIÓN XERAL DO RETORNO E DA INMIGRACIÓN Rúa Basquiños, 2 15704 Santiago de Compostela.
Prazo de entrega: 
30.09.2011

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas