GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración en Arxentina analiza o papel das migrantes tecnolóxicas

(08/03/2011)

A emigración en Arxentina analiza o papel das migrantes tecnolóxicas

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:
7/3/2011

A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina organizou un acto para o vindeiro sábado 12 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. As protagonistas este ano serán as mulleres ligadas ao uso das novas tecnoloxías en diferentes ámbitos. Moderado por Adela Fernández Cruz e conducido por Marcela Torres, participarán no acto «Migrantes tecnolóxicas, as novas fronteiras femininas»,María del Carmen Rodríguez Carracedo, Micaela Fernández Darriba, Aixa García e Inés Arribillaga, quen exporán utilizando diversos recursos tecnolóxicos.

Durante o acto levará a cabo unha videoconferencia en directo co «Festival de arte e feminismo» que se desenvolve en Costa Rica, para logo proxectar un vídeo documental realizado por un conxunto de mulleres da Federación en homenaxe a todas aquelas que participaron e participan de diferentes formas na vida da institución desde a súa fundación ata a actualidade, intentando desta forma utilizar os recursos tecnolóxicos para visibilizarlas. Á súa quenda e co acompañamento da actuación das integrantes do Conxunto «Duas Beiras» na execución de gaitas e canto, farase entrega dun agasallo a unha dirixente actual da institución, pola súa traxectoria e militancia tanto na vida da Federación, como na colectividade galega de Buenos Aires e na sociedade arxentina. Así mesmo poderase apreciar a prolífica obra de varias mulleres que desenvolveron a súa actividade ao redor da produción de fotografía dixital e montaxes fotográficas.

A actividade culminará coa actuación do Conxunto de Gaitas da Federación «Duas Beiras», que dará paso ao brinde no Salón Arturo Cadrado, «en homenaxe a todas as mulleres que de diferentes formas e en diferentes roles fan posible que a nosa galeguidad transcenda de xeración en xeración, para que todos e todas, xuntos e xuntas, podamos seguir construíndo a Galicia Emigrante á que todos e todas pertencemos e tamén, coincidentemente, leva nome de muller».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas