GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. Ano 2011.

(07/03/2011)

Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. Ano 2011.

 
 
Resolución do 28 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
08.03.2011
Estado: 
Procedemento Aberto

Obxecto e finalidade das axudas:

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para atender casos sobrevidos de emerxencia social, sanitaria, asistencial ou que teñen por finalidade sufragar os custos de emisión de billetes para a realización de viaxes motivadas por causas sociais, asistenciais, humanitarias ou similares cuxa atención corresponda ao ámbito de competencias propias deste centro directivo e que se inclúen no anexo I. Estas axudas van dirixidas aos galegos emigrantes e aos seus descendentes que se atopen en grave risco de exclusión ou necesidade.

Beneficiarios/as:

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, as seguintes persoas:

a) Emigrantes de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes ata o primeiro grao por consanguinidade que, por mor de razóns de emerxencia social, sanitaria, asistencial ou humanitaria, segundo se especifica nestas bases, teñan necesidade urxente para afrontar unha situación desta índole, ou deban desprazarse a Galicia ou ao resto do Estado para iso. A forma de acreditar estas condicións de orixe e descendencia galega sinálanse no artigo 7º destas bases.

b) Para os casos de expedición de billetes, ademais dos mencionados na letra a) anterior, poderán ser beneficiarios os cidadáns galegos residentes en Galicia, parentes ou descendentes ata o segundo grao de consanguinidade de emigrantes de orixe galega residentes no exterior, que teñan que desprazarse necesariamente xunto a estes por mor de razóns extraordinarias de carácter asistencial sanitario ou humanitario, segundo se especifica nestas bases. A forma de acreditar estas condicións de orixe e descendencia galega sinálanse no artigo 7º destas bases.

Excepcionalmente, para o caso en que as persoas a que se refiren as alíneas a) e b) deste artigo non poidan valerse por si mesmas para a realización da viaxe, poderá ser tamén beneficiario destas axudas un acompañante.

Requisitos dos beneficiarios:

a) Ter rendas, ingresos ou patrimonio insuficiente.

b) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas que pola súa gravidade requiran unha urxente atención, ou ter a necesidade de realizar a viaxe para a que se solicita a axuda por mor destas razóns.

Solicitudes e documentación a presentar:

A solicitude de subvención será presentada segundo o modelo normalizado recollido no anexo II desta convocatoria de axudas. No caso de que os solicitantes sexan menores de idade ou incapacitados, asinará a solicitude o pai, a nai ou o/a titor/a daquel.

A solicitude irá acompañada da documentación que a continuación se relaciona, en orixinal ou copia compulsada:

a) Fotocopia do pasaporte ou DNI do solicitante: os solicitantes que estean en posesión de DNI poderán prestar o seu consentimento expreso para que a Secretaría Xeral da Emigración comprobe por medio de acceso telemático a verificación dos seus datos de identidade, segundo o modelo que conste na propia solicitude. Para o caso de que non presten este consentimento, deberán presentar fotocopia do DNI e para aqueles solicitantes que non estean en posesión de DNI, deberán presentar fotocopia do pasaporte.
b) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento xustificativo que acredite a residencia no exterior e a nacionalidade española. No documento presentado debe constar a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, agás en casos de imposibilidade de obtención.
c) Documentos acreditativos da orixe galega. A orixe galega xustificarase mediante calquera documento oficial que acredite un dos dous requisitos seguintes:
1. Ser nado en Galicia ou que a última veciñanza administrativa en España fora en Galicia, cun mínimo de dous anos continuados, e ter nacionalidade española.
2. Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ou residentes ausentes e ser descendente ata o primeiro ou segundo grao de consanguinidade, segundo os casos, dunha das persoas descritas no parágrafo anterior.
d) Os seguintes documentos acreditativos da situación económica, tanto da persoa beneficiaria da axuda como, se é o caso, do acompañante e da familia de acollemento:
1. Nos países en que exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, copia da última declaración presentada do interesado e/ou dos membros da unidade económica familiar e, se é o caso, do acompañante e da familia de acollemento.
En caso de que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar ou non estivesen obrigados a realizala, xustificación desta circunstancia e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza que perciba o interesado e os membros da unidade económica familiar e, de ser o caso, do acompañante e da familia de acollemento ou, de non percibirse, declaración responsable do solicitante e, de ser o caso, do acompañante e da familia de acollemento, de que ningún membro da unidade económica familiar, incluído o interesado, percibe ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza.
2. Certificado catastral ou documentación similar en que conste o valor patrimonial dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, de que dispoñan os membros da unidade económica familiar do solicitante e, se é o caso, do acompañante e da familia de acollemento.
De non existir no país de residencia a posibilidade de expedición do devandito certificado catastral, abondará con presentar unha declaración responsable en que conste o valor patrimonial dos bens mobles e inmobles de que dispoñan os membros da unidade económica familiar do solicitante e, no seu caso, do acompañante e da familia de acollemento.
e) Documentos xustificativos do estado de necesidade que fundamente a solicitude de axuda, emitidos por un organismo oficial ou por organismo de ampla traxectoria no eido asistencial ou no campo sanitario. Así mesmo, consideraranse válidos os certificados emitidos por profesionais destes ámbitos visados polos correspondentes colexios oficiais.
f) Para a realización no Estado español de prestacións sanitarias, acreditación da súa cobertura pola Seguridade Social ou polo centro sanitario onde tal prestación se vaia realizar. Igualmente, para o caso de acollemento familiar ou asistencial, acreditación por parte da familia ou centro de acollida de facerse cargo da persoa beneficiaria da axuda.
g) Para o caso de necesitar da asistencia dun acompañante, certificados, expedidos por organismos oficiais, acreditativos do grao de discapacidade e da necesidade de asistencia dunha terceira persoa durante a viaxe.
h) Declaración expresa sobre o conxunto de axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou entes públicos ou privados segundo o modelo do anexo IV da resolución desta convocatoria de axudas.
i) Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que impiden obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas por esta lei segundo o modelo do anexo V da resolución desta convocatoria de axudas.
j) Declaración responsable, asinada polo beneficiario da axuda, de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o modelo do anexo VI da resolución desta convocatoria de axudas. Isto en aplicación do artigo 48º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, en relación co artigo 11º do Decreto 11/2009, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) Calquera outra documentación que a Secretaría Xeral da Emigración considere necesaria ou conveniente para ditar a resolución de concesión ou denegación da axuda.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. cos anexos e formularios de solicitude (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Os Basquiños nº 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (entre os que figuran a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante)
Prazo de entrega: 
30.10.2011

España

24,00 h

Arxentina

20,00 h

Uruguai

21,00 h

Europa

24,00 h

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas