GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asemblea Parlamentaria Euromediterránea abordará o tema da inmigración

(03/03/2011)

A Asemblea Parlamentaria Euromediterránea abordará o tema da inmigración

Roma, 2 mar (EFE).- A Asemblea Parlamentaria da Unión polo Mediterráneo (AP-UpM) celebra este xoves unha sesión plenaria para tratar, entre outros temas, as políticas sobre inmigración e integración.

Composta na sua maior parte por 280 parlamentarios da UE e de países da ribeira sur do Mediterráneo, a Asemblea Euromediterránea debaterá tamén asuntos como a tutela do medio ambiente e os instrumentos financeiros para o desenvolvemento da área euro-mediterránea.

A sesión cobra especial importancia debido á onda de revoltas populares en países do norte de África e as repercusións que iso pode ter para a inmigración en Europa, en especial nos países mediterráneos.

Os traballos comezarán este xoves, cando se reúnan as cinco comisións: Política, Seguridade e Dereitos do Home; Economía e Asuntos Financeiros, Asuntos Sociais e Educación; Promoción da Calidade de Vida, Intercambios na sociedade civil e Cultura; Dereitos das Mulleres no Mediterráneo; e Medio Ambiente, Enerxía e Auga.

Tamén mañá celebrarase a reunión do Gabinete de Presidencia, na que participarán os presidentes italianos do Senado, Renato Schiffani, e da Cámara dos Deputados, Gianfranco Fini; o presidente do Parlamento Europeo, Jerzy Buzek; o presidente da Cámara de Representantes de Marrocos, Abdelwahad Radi; e o representante do Parlamento de Xordania Abdul Hadi Majali.

A este grupo uniranse despois, nunha segunda reunión, os presidentes das cinco comisións e dos tres grupos de traballo: Financiamento e modificación do regulamento da Asemblea; Universidade Euromediterránea e Transformación do FEMIP en Banca Euromediterránea de desenvolvemento.

O venres reunirase a Asemblea Plenaria na Cámara dos Deputados de Italia cunha sesión inaugural dedicada á Unión para o Mediterráneo e ao desenvolvemento na rexión, na que está previsto que interveñan o presidente do Parlamento Europeo, Jerzy Buzek, e o presidente do Banco Europeo de Investimentos (BEI), Philippe Maystadt, entre outros.

Seguirán tres sesións temáticas dedicadas ás políticas para a inmigración e a integración; a tutela do medio ambiente no Mediterráneo e os instrumentos financeiros para o desenvolvemento na zona, respectivamente.

Os traballos concluirán o venres co acto de traspaso da presidencia ao Parlamento do Reino de Marrocos.

A Asemblea Parlamentaria Euromediterránea foi constituída en 2004 para establecer un diálogo permanente, político, económico e cultural entre representantes de países de ambas as beiras do Mediterráneo.

Dos seus 280 membros, 130 son da UE, 10 de países euro-mediterráneos, e 140 a parlamentarios proceden de Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina, Siria, Tunisia, Turquía e Mauritania. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas