GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de inmigrantes non comunitarios baixa por primeira vez

(02/03/2011)

O número de inmigrantes non comunitarios baixa por primeira vez

Os procedentes de países de fóra da UE descende un 1,45%, ata os 2,5 millones

PÚBLICO.É / EUROPA PRESS Madrid 01/03/2011

Una inmigrante, en localidad de Salt.

Unha inmigrante, na localidade de Salt.TONI VILCHES

 

O número de inmigrantes procedentes de países de fóra da Unión Europea residentes en España descendeu por primeira vez na historia ao termo de 2010, que se pechou con 37.056 persoas menos inscritas no Réxime Xeral de estranxeiría, o que supón unha caída do 1,45% respecto de 2009, ata un total de 2.524.976 persoas cun permiso de residencia en vigor.

Segundo as estatísticas da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración actualizadas a 31 de decembro de 2010, as maiores reducións localizáronse no colectivo ecuatoriano, que caeu un 10,78 por cento ata os 369.692 cidadáns; o arxentino, que perdeu un 9,83 por cento ata as 57.263 persoas, e o colombiano, cunha redución do 7,73% ata sumar 222.061.

Así mesmo, o grupo de peruanos fincados en España reduciuse un 5,51 por cento o ano pasado ata un total de 121.658 nacionais; entre os brasileiros produciuse un descenso do 3,32 por cento; caeu un 3,45 por cento a comunidade cubana e ata un 1,12 por cento, a procedente de Filipinas.

En todo caso, a cifra total de estranxeiros en España, nacidos fora e dentro da Unión Europea, sumaban ao peche de 2010 un total de 4.926.608 persoas, das que un 48,75% (2.401.632) procedían de países non comunitarios. Isto supón un incremento xeral do 2,8 por cento respecto de 2009, motivado en gran medida polo aumento de cidadáns europeos, que se incrementaron un 7,7 por cento o ano pasado (172.432 persoas).

Neste sentido, destaca o crecemento do 11,85% experimentado pola comunidade romanesa, que ao peche de 2010 era a comunidade máis numerosa en España cun total de 840.682 cidadáns.

Así mesmo, produciuse un incremento do 12,87% entre os italianos, que ascenderon a 170.051 habitantes e consolidáronse como a terceira nacionalidade europea por detrás dos británicos, un total de 228.829 tras crecer un 3,06%.

Con todo, este 2,8 por cento é o menor crecemento desde 2003, cando empezaron a publicarse estatísticas de estranxeiría, xa que desde entón, a poboación estranxeira estívose incremetando a un ritmo que só baixou do dez por cento interanual en 2009, cando xa comezaban a notarse os efectos da crise.

Por nacionalidades, ao peche de 2010 os romaneses eran o grupo máis numeroso, cun total de 840.682 persoas. Séguenlles os marroquís, que creceron un 2,75% ata sumar 757.809, e os ecuatorianos, que a pesar da redución do 10,8% interanual, sumaron 369.692 persoas.



En canto á distribución xeográfica desta poboación, as estatísticas mostran que o 65,1% dos estranxeiros reside en Catalunya, Comunidade de Madrid, Andalucía ou a Comunidade Valenciana. Atendendo ás provincias, Madrid é a que rexistra un maior número, con 849.087 residentes regulares (17,24% do total), seguida de Barcelona, que conta 729.750 (o 14,82%), e de Alacante, Valencia, Murcia, Baleares e Málaga, todas, con máis de 200.000 cidadáns.

Documentos relacionados

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas