GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro galego dá Inmigración denunciará o traslado da nena con hijab

(02/03/2011)

O Foro galego dá Inmigración denunciará o traslado da nena con hijab

 
 
 
N. A. 02/03/2011
 

O Foro Galego da Inmigración anunciou onte que interporá unha denuncia contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria se se concreta o traslado da alumna musulmá de Arteixo a outro centro, despois da decisión adoptada hai dous días polo Consello Escolar do CEIP novo neste municipio. A Administración, pola súa banda, reiterou a Xornal de Galicia que apoia a aplicación do regulamento do centro, pero que non recibiu ningunha petición oficial para cambiar de centro á menor.

A Federación de Traballadores de Ensino de UXT cualificou tamén de “despropósito” a actuación do departamento autonómico neste caso, mentres CC OO lamentou o “deixamento” do Goberno galego. O sindicato considerou inadmisíbel que a Xunta non “asuma as súas funcións” neste asunto.

Pola súa banda, a portavoz de Educación do Grupo Parlamentario do BNG, Carme Adán, lembrou á Consellería de Educación que a lei esixe a escolarización dos menores nun comunicado. O departamento que dirixe Jesús Vázquez está “a botar balóns fóra” neste caso, advertiu a nacionalista.

O Foro Galego da Inmigración argumentou nun comunicado que se querellarán, se Educación nega a escolarización á nena no seu actual colexio por “tolerar e apoiar un comportamento discriminatorio cunha persoa por razón de cultura e de relixión”, algo que, lembra, “vai contra a propia Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos”.

Así mesmo, denunciaron a “indefinición, morneza e falta de compromiso” do departamento autonómico “para propor unha alternativa” e lamentaron a actuación do CEIP Novo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas