GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

POLÉMICA POR UN HIYAB

(02/03/2011)

POLÉMICA POR UN HIYAB «Non é a miña filla, senón eles, os que teñen que cambiar»

Redawane Hakim, o pai da nena que quere levar veo a clase en Arteixo, cre que o traslado de centro supón «pasar a pelota duns a outros»

Autor:
Susana Acosta
Localidade:
Arteixo / a voz
Data de publicación:
2/3/2011

«No es mi hija, sino ellos,  los que tienen que cambiar»

Redawane Hakim (Casabranca, 1967) sente desbordado pola situación porque, a pesar de levar 21 anos vivindo en Arteixo, nunca pensou que alguén prohibiría á súa filla levar veo.

-¿Xa recibiu notificación do traslado da menor?

-Non, aínda non recibimos nada.

-¿E que parécelle a decisión tomada polo consello escolar?

-Están a dicir que lla levan a outro lado para que non estorbe no colexio. Están a pasarse a pelota uns a outros, pero ¿e se mañá aproban unha norma parecida no outro centro? ¿Onde teño que ir coa nena, á Coruña?

 

-Pero ¿cre que debe cambiar de centro?

-Non é a miña filla, senón eles, os que ten que cambiar. Creo que a directiva está a levar moi mal este asunto e estou en desacordo con que se realice o traslado.

 

-Nun primeiro momento, expuxéronse esa posibilidade...

-Si, pero o avogado suxeriunos que non o fixésemos porque a nena non tiña problemas no colexio.

 

-¿Cre que a Xunta debería tomar partido neste caso?

-Non me podo pronunciar porque o descoñezo. O único que sei é que confío na xustiza e non quero que xoguen coa miña filla, porque a están deixando fatal.

-¿Creu algunha vez que este asunto tería tanta transcendencia?

-Xamais pensamos que a nena ía estar nesta situación. Detrás do veo hai máis cousas, están a utilizar á miña filla para captar votos para as eleccións. E a miña filla non forma parte da política. Iso non está ben.

 

-A alcaldesa recibiu críticas por apoiarlles...

-O único que está a facer é tratarnos como cidadáns de Arteixo. Nada máis. E así é como deberían ser as persoas. Tamén dixeron que nos deu diñeiro. E iso é mentira.

-¿Que é para vostede o «hiyab»?

-É unha parte da relixión musulmá. Aquí cando os nenos son pequenos bautízanos e cando cumpren 18 anos permítenlles elixir. Eu teño a obrigación de ensinar á miña filla a miña relixión, as oracións que ten que facer, o ramadán, o respecto e tamén o hiyab. E logo ela, cando sexa maior, que decida o que queira.

 

-Pero ¿á nena gústalle levar veo?

-Si, si. Non quere quitarllo. É evidente.

 

-¿sente arroupada polos veciños?

-A xente fala e algúns están a favor e outros en contra. Pero nunca nos sentimos rexeitados. Temos o apoio de xente de Arteixo e de fóra de Arteixo, de asociacións e políticos como o concelleiro de Economía de Sada, Luís Barreiro.

 

-¿E como está a nena?

-Sorrí, pero eu se que está un pouco triste.

 

-¿Cre que pronto chegará unha solución para todos?

-Só quero dicir que a educación da miña filla está nas súas mans pero nas miñas está a xustiza.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas