GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A chegada de inmigrantes de Tunisia a Italia detívose, segundo Frontex

(01/03/2011)

A chegada de inmigrantes de Tunisia a Italia detívose, segundo Frontex



Bruxelas, 1 mar (EFE).-

A chegada de inmigrantes irregulares desde Tunisia a Italia provocada pola crise no país norteafricano detívose nos últimos días, segundo informou hoxe o director de Frontex, Ilkka Laitinen.

A axencia europea de fronteiras, que ten despregada unha misión no Mediterráneo para asistir ás autoridades italianas ante o fluxo masivo de inmigrantes, non rexistrou ningunha nova chegada nos últimos tres días.

"A situación é moi tranquila tras o pico de fai dúas semanas", explicou Laitinen nunha comparecencia ante a comisión de Liberdades e Xustiza do Parlamento Europeo (PE), onde asegurou que as autoridades tunisianas "están facendo o seu traballo".

Respecto ao tipo de inmigrantes que chegaron ás costas italianas -en especial á illa de Lampedusa-, o director de Frontex recalcou que se trata na súa maioría de persoas que buscaron oportunidades en Europa aproveitando o baleiro de poder en Tunisia.

Segundo Laitinen, é unha inmigración de tipo "económico" e só unha pequena parte das máis de 6.000 persoas chegadas necesitan protección internacional e buscan asilo.

O fenómeno migratorio cara a Europa ocorrido como consecuencia das revoltas en Tunisia non se repetiu no caso de Libia, segundo confirmou hoxe a comisaria europea de Interior, Cecilia Malmström.

Neste caso, as saídas masivas producíronse cara aos países fronteirizos, Exipto e o propio Tunisia, aos que a Comisión Europea está dando asistencia, recordou.

Segundo a comisaria, unhas 100.000 persoas fuxiron nos últimos días de Libia.

A pesar das advertencias dalgúns países como Italia, Malmström insistiu en que por agora non houbo ningún fluxo de refuxiados e inmigrantes a Europa procedentes de Libia, aínda que sinalou que é algo que non se pode descartar" no futuro.

Segundo a comisaria, iso dependerá en gran medida de como evolucione a situación interna do país.

"Non me corresponde especular sobre números, pero hai que estar preparados para todas as situacións", engadiu. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas