GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes deberán gañar 800 euros ao mes para reagrupar á súa familia

(01/03/2011)

Os inmigrantes deberán gañar 800 euros ao mes para reagrupar á súa familia

EFE
01/03/2011

Os inmigrantes que queiran reagrupar aos seus familiares en España deberán acreditar "de forma indubitativa" que contan con garantías de traballo para, polo menos, un ano cun soldo polo menos de 800 euros mensuais.

Así o determina o borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría tras ser modificado a semana pasada a proposta da Mesa de Diálogo Social, que o analizou como parte do proceso de audiencia pública que segue o texto antes da súa aprobación definitiva.

Segundo un documento do Ministerio de Traballo e Inmigración ao que tivo acceso EFE, o cálculo de ingresos de polo menos 800 euros significa que o inmigrante en cuestión deberá gañar un 150 por cento do IPREM, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, que se utiliza como refencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego entre outros e que en 2011 está fixado en 532 euros mensuais.

O solicitante deberá, así mesmo, acreditar "de forma indubitativa" a súa capacidade e perspectivas de manter este nivel de ingresos por polo menos un ano tras a solicitude e mostrar a evolución dos seus medios económicos ao longo dos últimos seis meses.

Os cambios introducidos pola patronal e os sindicatos no texto do borrador do Regulamento tamén inclúen detalles sobre a posibilidade de cambiar a primeira alta na Seguridade Social por un empleador distinto ao que solicitou a autorización.

A ampliación do período de publicación de ofertas de traballo de tempada e a participación da patronal nos procesos de selección de traballadores en orixe son outros dos asuntos recollidos pola Secretaría de estado de Inmigración e Emigración a proposta da Mesa de Diálogo. Social.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas