GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España lidera a integración de inmigrantes en Europa

(01/03/2011)

España lidera a integración de inmigrantes en Europa

O acceso á nacionalidade e a educación, puntos débiles

Vida | 01/03/2011


Josep Playà

España é actualmente o país europeo cun maior número de inmigrantes, con 3.376.810 cidadáns extracomunitarios no ano 2009, e ao mesmo tempo atópase á cabeza dos países con capacidade de integración e acceso á vida familiar. Así o indica polo menos un novo estudo publicado onte polo British Council e o Migration Policy Group (www.mipex.eu) que compara as políticas de integración de 31 países en Europa máis Canadá e Estados Unidos.

España atópase no oitavo posto dese ranking sobre integración (oportunidades legais para conseguir un emprego e garantías e dereitos laborais) con 63 puntos sobre cen posibles, e obtivo tres puntos máis que no anterior estudo, de fai tres anos. Encabeza a clasificación Suecia, con 83 puntos, seguido de Portugal, con 79, que é de entre os novos países receptores de inmigrantes o que mellor se sitúa. España está por encima da media europea (52 puntos) e doutros países como Estados Unidos (62), Italia (60), Alemaña (57), Reino Unido (57) e Francia (51). Á cola desa clasificación están Letonia (31), Chipre (35), Eslovaquia (36) e Malta (37). Países como Hungría, Romanía, Suíza, Austria, Polonia e Bulgaria teñen tamén políticas restritivas e discriminatorias respecto dos inmigrantes, e sitúanse entre os 40 e os 45 puntos.

O estudo avalía se os gobernos conceden os mesmos dereitos, responsabilidades e oportunidades a todos os residentes, seguindo as normas internacionais acordadas entre os estados membros da UE. Pártese da base de que unha integración con éxito contribúe á creación de sociedades competitivas e cohesionadas.

A pesar dos recortes que afectan a todos os residentes, o Goberno español mantivo e ata favoreceu levemente un compromiso a longo prazo en favor da integración económica, familiar e social, aínda que si hai restricións á reagrupación familiar.

No campo da educación, no novo indicador do Mipex III, España clasifícase en 13.º lugar, cunha puntuación de 48 puntos. Aínda que os nenos viron mellorado o acceso aos centros escolares e a unha educación intercultural, aínda quedan algunhas accións por realizar. As novas necesidades multiculturais ás que se enfrontan os centros supón os principais desafíos para as comunidades autónomas españolas. O informe PISA xa foi revelador do alto índice de fracaso escolar entre os alumnos inmigrantes.

España segue puntuando por baixo da media europea en dous temas principalmente. Por unha banda, en acceso á nacionalidade, dado que, dos principais países de inmigración, conta coa peor vía de obtención da cidadanía dos recentemente chegados e dos seus descendentes (ata dez anos de prazo para lograr a nacionalidade). Doutra banda, en políticas de antidiscriminación, debido á falta de peso dos organismos encargados de controlar estas actuacións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas