GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CEIP Arteixo decide hoxe se expulsa á menor sancionada por levar veo en clase

(28/02/2011)

O CEIP Arteixo decide hoxe se expulsa á menor sancionada por levar veo en clase

Autor:
S. a. Arteixo / a voz
Data de publicación:
28/2/2011

Esta tarde reúnese o Consello Escolar do CEIP Arteixo para decidir se expulsan temporalmente á menor sancionada por levar veo na aula. Ata o momento os representantes da comunidade educativa mantivéronse firmes en aplicar o regulamento interno que prohibe aos alumnos usar gorras e panos dentro da aula.

Os pais da menor musulmá xa anunciaron que non cambiarán á nena do centro e que iniciarán accións legais se, finalmente, a alumna é expulsada durante tres días do colexio. Aseguran que o hiyab, veo que deixa a cara ao descuberto, é un símbolo relixioso e explican que na foto do DNI da alumna, a menor xa aparece co veo islámico, polo que consideran que este símbolo forma parte da súa identidade oficial.

En cambio, tanto a dirección do centro como o APA consideran que hai que aplicar o regulamento e non permitir o uso do veo islámico na aula. Din que se trata dunha norma de cortesía, que a alumna debe respectar. Unha decisión que recibe o respaldo da Consellería de Educación.

Da mesma opinión é o tenente de alcalde e representante municipal no Consello Escolar, Xosé Márquez, que afirmou que os alumnos deben acatar as normas do colexio.

Pola súa banda, a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, solicitou que se modifiquen as regras do regulamento interno e pediu comprensión á dirección do centro. A rexedora explicou que o dereito á liberdade relixiosa está por encima de calquera norma interna, polo que cre que é un grave erro prohibir o uso do veo. Tamén apuntou que hai intereses políticos detrás deste asunto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas