GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes latinoamericanos cobran menos que os españois igualmente cualificados

(24/02/2011)

Os inmigrantes latinoamericanos cobran menos que os españois igualmente cualificados 

O Referente - 24-02-2011

Los inmigrantes latinoamericanos cobran menos que los españoles.

Os inmigrantes latinoamericanos cobran menos que os españois.

Un estudo da Universidade de Salamanca, publicado por 'Journal of Applied Economics', revela que, nas distribucións salariais máis altas, os inmigrantes latinoamericanos cobran preto dun 20% menos que os españois. É a prinicpal conclusión deste estudo, que pretende analizar cales serían as diferenzas salariais se aos inmigrantes remuneráseselles da mesma forma que aos traballadores nacionais segundo a súa educación ou experiencia.

O traballo baséase na Enquisa de Estrutura Salarial de 2006, o primeiro estudo a nivel nacional cunha mostra representativa dos empregados estranxeiros e españois. Nese período, de auxe económico no noso país, os españois consideraban a inmigración como o problema máis importante que afrontaba España, moi por encima
do desemprego e a vivenda (datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas, CIS, 2006).

Segundo sinala o investigador, José Ignacio Antón, "a análise econométrico destes datos permítenos determinar as diferenzas en materia salarial entre traballadores coas mesmas características (idade, experiencia, antigüidade, nivel educativo ou sector de actividade) ao longo de distintos puntos da distribución salarial". As súas conclusións indican que as diferenzas salariais increméntanse na parte alta da distribución salaria, ata chegar a cerca do 20% de diferenza entre os traballadores españois e latinoamericanos de maiores salarios. "As diferenzas salariais son moi estreitas na parte baixa da distribución dos salarios, posiblemente debido ao efecto de variables do mercado laboral, como os salarios mínimos e os convenios colectivos. A medida que ascendemos ao longo da
distribución, estas diferenzas vanse facendo cada vez maiores", apunta Antón.

A HOMOLOGACIÓN DA EDUCACIÓN COMO RESPOSTA

Os investigadores especulan no estudo sobre a posible causa destas diferenzas. "En concreto, unha posible explicación ten que ver con que os inmigrantes posúen unha formación educativa e profesional - que os economistas
denominan capital humano- adquirida no seu país de orixe que non sempre resulta directamente transferible ou aplicable no país de destino, sobre todo, nos primeiros anos tras a migración".

Outro resultado que se desprende do estudo é a "virtual ausencia" de diferenzas salariais entre inmigrantes latinoamericanos e caribeños respecto ao resto de traballadores estranxeiros. "Esta circunstancia débese a que, posiblemente, os inmigrantes ocupan postos de traballo de baixa cualificación onde o dominio do idioma non é un activo importante", conclúe Antón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas