GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os musulmáns legalizarán a actual mesquita arteixana

(24/02/2011)

Os musulmáns legalizarán a actual mesquita arteixana

Autor:
Susana Acosta
Localidade:
Arteixo / a voz
Data de publicación:
24/2/2011

A comunidade musulmá Abou Baker anunciou onte que a actual sede da mesquita, situada no Alto de Arteixo, continuará sendo centro de oración. O colectivo decidiu realizar unha serie de reformas no local para cumprir coa normativa e que siga sendo utilizada como mesquita: «Xa chegamos a un acordo co dono do local», afirmou este colectivo. Desta forma, pretenden situar na nova casa que acaban de adquirir na Baiuca un centro cultural onde impartirán clases de árabe e doutras linguas, ademais de distintos talleres formativos.

As obras que van realizar na actual sede son «pequenas», segundo indicou a agrupación, e efectuaranse en canto a comunidade reúna o diñeiro que necesitan. Unha cantidade que os musulmáns explican que sairá dos seus propios donativos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas