GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A familia da nena do veo levará o caso aos tribunais

(24/02/2011)

A familia da nena do veo levará o caso aos tribunais

O avogado da menor de Pozuelo farase cargo da alumna de Arteixo

Autor:
Susana Acosta
Localidade:
Arteixo / a voz
Data de publicación:
24/2/2011

A polémica da nena sancionada por levar veo en clase volve dar un xiro inesperado ao coñecerse que o avogado que defende á menor musulmá de Pozuelo tamén levará o caso da de Arteixo. Así o recoñeceu o pai da alumna, Hakim Redawane, que manifestou confiar na xustiza, e o catedrático de dereito eclesiástico da Universidade da Coruña, Juan Ferreira, que asesorou á familia.

O letrado Iván Jiménez Aybar será o encargado de levar o caso aos tribunais, xa que, segundo explicou Ferreira, o centro educativo está a vulnerar o dereito fundamental da liberdade relixiosa da menor. Foi o propio Ferreira o que ditaminou se había fundamento para pleitear e recomendou ao avogado experto no mundo árabe, quen xa chegou a un acordo coa familia.

«Confío na xustiza», explicou onte Hakim Redawane, á vez que afirmou que a denuncia que se presentará «non é só» pola súa filla, «senón por todas as que veñen, para que non teñan que pasar polo mesmo».

O caso da menor de Pozuelo, Najwa Mahla, é moi similar ao da filla de Redawane. A moza musulmá, de nacionalidade española, foi trasladada a outro instituto de Madrid porque o consello escolar do centro educativo onde estudaba non lle permitiu levar hiyab, pano que deixa a cara ao descuberto, por estar prohibida a utilización de gorras, capuchas e adornos de estética rapeira.

 

Apoio da comunidade

Pola súa banda, o presidente da asociación de inmigrantes do Magreb na Coruña, Mohamed Benkaddour, mostrou onte o seu apoio incondicional á familia da nena. Asegura que se o consello escolar do CEIP Arteixo decide expulsar finalmente á menor levarán o caso aos tribunais. «O xulgado é o único xeito», afirmou Benkaddour tras criticar a actitude da dirección do colexio.

Segundo explicou o secretario da comunidade musulmá Abou Baker de Arteixo, a familia está á espera de que a Xunta notifique a súa decisión sobre o regulamento e mostrouse decidido a acudir aos tribunais se a alumna é expulsada temporalmente. «Mostramos apoio á familia e a denuncia irá apoiada pola asociación de inmigrantes do Magreb na Coruña e a comunidade relixiosa de Arteixo», indicou.

Benkaddour tamén recoñeceu sentirse preocupado por esta situación e insistiu en que o colexio non quixo dar unha solución ao problema. O portavoz musulmán aclarou así mesmo que o veo forma parte da tradición musulmá desde o século XIII e que é un símbolo utilizado «por católicos, xudeus e hindús».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas