GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Herbas de prata» rende homenaxe ás mulleres da emigración

(24/02/2011)

«Herbas de prata» rende homenaxe ás mulleres da emigración

A colectividade destaca o traballo das súas mulleres e abre o prazo para lanzar as candidaturas

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:
24/2/2011 

Coñece a algunha muller da emigración que destacase nalgunha faceta o pasado ano? Pode propola como candiata para a homenaxe que cada ano realiza a asociación civil Herbas de Prata de Bos Aires, con motivo do Día Internacional da Muller.
A asociación recoñece cada ano a dúas mulleres como xeito de destacar a esas galegas que na súa vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivencia da cultura galega na Arxentina. «Non queremos falar de premios porque nós buscamos só destacar e agradecer», explican. As premiadas xurdirán da elección de todos os que queiran participar, a partir dun sistema de votación renovado. Por este motivo, a asociación puxo a disposición dos cidadáns un correo electrónico onde enviar as candidaturas: herbasdeprata@gmail.com
O día da muller, Herbas de Prata entrega a distinción Rosalía, que simbolizan cun rosal para a homenaxeada, para agradecer a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre. Ademais, entregarán o recoñecemento Virxinia Pereira (representado por unha camelia para a muller que o leve) para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor persoal, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega.
Para garantir a votación, as integrantes da comisión directiva da asociación participarán cun voto consensuado entre tdas. Ademais, cada unha das mulleres recoñecidas nas edicións anteriores terán dereito a dar un voto. E a enquisa aberta na páxina de Herbas de Prata engadirá un voto máis a quen consiga alí a maior parte dos apoios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas