GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social perde inmigrantes en xaneiro

(22/02/2011)

A Seguridade Social perde inmigrantes en xaneiro

Sexto mes consecutivo con descenso no número de afiliados

EFE / MADRID
Día 22/02/2011



I. GIL
O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social diminuíu en 37.412 traballadores en xaneiro respecto de decembro de 2010 e acumulou seis meses consecutivos de caídas, segundo o Ministerio de Traballo e Inmigración. O total de afiliados á Seguridade Social en xaneiro foi de 1.777.567 ocupados, o que supón o 10,23 % dos 17.361.839 cotizantes que ten o sistema. Con respecto ao mesmo mes de 2010, o número de afiliados estranxeiros diminuíu en 29.306 traballadores (o 1,65 % menos).

A cotización dos estranxeiros reduciuse en xaneiro no réxime xeral, con 1.132.465 adscritos (37.497 menos que en decembro); no fogar, con 178.173 (759 menos); no mar, con 3.923 (37 menos) e no carbón, con 565 (21 menos). Así mesmo, diminuíu o número de afiliados entre os autónomos, con 1.239 emprendedores menos, ata os 197.693, mentres que no sector agrario incrementouse en 2.141 e sumou 264.748.

Dentro do Réxime Xeral, a hostalería, con 232.289 afiliados, foi o sector con maior número de inscritos estranxeiros á Seguridade Social, seguido do comercio, reparación de vehículos de motor e bicicletas, con 196.508; a construción, con 145.869; e as actividades administrativas e servizos auxiliares, con 127.182.

Ademais, dos rexistrados en xaneiro, 653.058 procedían da Unión Europea (UE) e 1.124.509 doutros países. Romanía foi o país de onde procedía o maior número de afiliados, 286.272; seguido de Marrocos, 214.315; Ecuador, 152.411; e Colombia, 102.096. Respecto ao xénero, 1.004.192 afiliados eran homes e 773.375, mulleres. Por comunidades autónomas, Cataluña acolleu o 22,01 % dos afiliados estranxeiros, seguida de Madrid, 21,63 %; Andalucía, 12,02 %; e a Comunidade Valenciana, 11,11 %

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas