GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A familia da nena do veo de Arteixo «confía» no apoio do TSXG

(21/02/2011)

A familia da nena do veo de Arteixo «confía» no apoio do TSXG

Autor:
e. s. arteixo / a voz
Data de publicación:
20/2/2011

A familia da menor de Arteixo sancionada por levar veo en clase confía na Xustiza. Así o asegurou onte o pai da nena, Hakin Redawane, quen non quixo pronunciarse sobre se o regulamento interno do centro escolar debe modificarse, aínda que si espera que o contencioso presentado polo Concello de Arteixo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acabe por darlle a razón.

De todos os xeitos, a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, insistiu en que a demanda foi presentada «exclusivamente» debido a que o regulamento interno do CEIP Arteixo fai referencia ás funcións que deben desempeñar os traballadores municipais do colexio, unha decisión e unhas competencias que non lle corresponde ao organismo educativo, senón ao Concello. Pilar Souto indicara, doutra banda, que ningún regulamento interno debe estar por encima da lei que permite a liberdade relixiosa dos cidadáns.

 

Reunión coa dirección

Ademais, a familia da nena anunciou que a próxima semana intentará manter unha reunión co director do colexio para mostrarlle o seu malestar por algúns dos comentarios que realizou en clase de Cidadanía que imparte nun dos cursos de sexto. En concreto, consideran pouco apropiado que explique en clase que son os inmigrantes os que teñen que adaptarse aos costumes do país que os acolle, e non ao revés. A familia interpreta que o director, con estas palabras, estaba a facer referencia á polémica do hiyab e quixeron aclarar que a nena «non é inmigrante, senón unha cidadá española, galega», mentres que os seus pais son «españois de orixe magrebí». A familia pediu «que non se lle dea mala información aos alumnos» e preguntouse se detrás desta polémica existen intereses políticos e partidistas. «Non se que está a pasar, pero está claro que o está pagando a miña filla. Creo que o do veo é só unha escusa para crear polémica», indicou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas