GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Morrazo. A crise frea a inmigración e na comarca viven só 30 estranxeiros máis que fai un ano

(21/02/2011)

A crise frea a inmigración e na comarca viven só 30 estranxeiros máis que fai un ano
Moaña é o municipio que lidera este crecemento, mentres que Cangas apenas sobe e Bueu se estanca

Una actuación musical durante las Xornadas Interculturais de Cangas.  // Gonzalo Núñez

 

 

 

 

 

 

Unha actuación musical durante as Xornadas Interculturais de Cangas. // Gonzalo Núñez

FRAN G. SAS - O Morrazo

O freo á entrada de inmigrantes que sofre todo o Estado español desde que estalou a crise económica non é alleo ao Morrazo, unha comarca na que a porcentaxe de cidadáns estranxeiros é moi baixo. Este descenso no número de persoas que cruzan unha fronteira para instalarse a traballar na comarca maniféstase en que no último ano só cheguen 30 inmigrantes, e a práctica totalidade elixiu Moaña como destino. Neste último municipio o número de estranxeiros pasou de 334 a finais de 2009 a 362 neste ano. En Cangas esta estatística alcanza a cifra de 590 persoas, só dúas máis que fai doce meses, e en Bueu sitúase en 142 persoas, o mesmo número que fai un ano, segundo revelan os datos do Instituto Galego de Estatística, que cifra en 1.094 os cidadáns empadroados na comarca sen nacionalidade española.
Esta cifra aumenta de forma considerable se temos en conta os cidadáns nacidos no estranxeiro pero que contan con nacionalidade española, pois 1.986 persoas empadroadas no Morrazo cumpren este requisito. A maioría deles residen en Cangas: exactamente un milleiro de persoas, por 676 en Moaña e 310 en Bueu. A inmensa maioría destes cidadáns proceden de América: 1.018 individuos, unha cifra acorde cos destinos históricos aos que recorrían os mortracenses que optaban por emigrar.
Dos 458 veciños de Cangas oriúndos do continente americano, a maioría son arxentinos: 123, seguido dos venezolanos (52), peruanos (61) e uruguaios (56). En Moaña, por contra, non son maioría os chegados do país do tango, senón de Venezuela, pois 88 veciños naceron neste país suramericano. Séguenlle os arxentinos (77) e os uruguaios (65). Neste municipio a colonia de nados en América ascende a 385 persoas,mentres en Bueu son 175. Neste caso predominan os procedentes de Uruguai, con 48 persoas, seguidos dos arxentinos (28) e brasileiros (23).
O segundo grupo de morracenses nacidos no estranxeiro é o dos chegados do resto de países da Unión Europea, un total de 643. Como cabía esperar, os portugueses destácanse nesta estatística, pois 226 cidadáns que residen na comarca naceron máis aló do río Miño. Outros 95 veñen de Alemaña, e 83 de Francia. Entre as persoas procedentes dos novos países que integran a Unión destácanse os romaneses, pois nos tres concellos do Morrazo residen 109, dos que 53 están en Moaña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas