GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Estudantes da Cachada achegáronse a Senegal e Marrocos

(17/02/2011)

La población activa extranjera en Ribeira supera la media coruñesa

A oenegué Contacto propiciou un achegamento de culturas con cidadáns procedentes de dous países africanos.
Autor da imaxe: Simón balvís

Estudantes da Cachada tiveron a oportunidade, na tarde do martes, de aproximarse un pouco máis á cultura de Marrocos e Senegal. Isto foi posible grazas a un programa que desde o pasado ano impulsa a oenegué Contacto e no que a dirección do instituto boirense quixo implicar a algúns dos seus alumnos.

Desta forma, cidadáns de ambos os países africanos explicaron aspectos característicos dos seus lugares de procedencia e ofreceron datos relativos á súa economía e as principais actividades.

O encontro concluíu cunha cerimonia do té ofrecida polos invitados marroquís. A presidenta de Contacto, Joanna Beltrán, sinalou: «Tratamos de dar a coñecer a realidade doutras partes do mundo. Os mozos son un público moi receptivo». A oenegué xa ten en marcha novas iniciativas de integración similares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas