GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A poboación activa estranxeira en Ribeira supera a media coruñesa

(17/02/2011)

En Barbanza viven 2.000 inmigrantes con idades de entre 16 e 64 anos

Autor:
A. Gerpe
Localidade:
Ribeira / a voz
Data de publicación:
17/2/2011

A comarca conta na actualidade con preto de 2.500 inmigrantes, segundo os últimos datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE). Destes, uns 2.000 teñen entre 16 e 64 anos. Desde que a chegada de estranxeiros comezou a estenderse en Barbanza, o municipio ribeirense constituíu o primeiro polo de atracción, ata o punto de que o colectivo inmigrante supón o 5% da poboación activa de Ribeira, unha porcentaxe que supera a media provincial, que se coloca no 4%. Tamén está por encima da comarcal, situada no 2,6%.

É dicir, que dos pouco máis de mil estranxeiros computados polo INE en Ribeira, 900 atópanse na franxa de idade comprendida entre os 16 e os 64 anos.

 

Catro continentes

Ademais, a capital barbancesa figura entre os concellos da provincia nos que se aglutinan maior número de nacionalidades. No municipio hai cidadáns procedentes dunha trintena de países de catro dos cinco continentes. Neste aspecto vai á zaga de Arteixo, onde figuran inscritos uns 800 inmigrantes máis que en Ribeira, tamén cunha trintena de nacionalidades.

No caso de Arteixo, os estranxeiros supoñen o 6,8% da poboación activa do concello. Menos presencia que nestes dous municipios teñen os estranxeiros en Carballo, xa que non chegan aos 800.

Cunha diversidade racial e cultural tan grande, non é de estrañar que proliferen, tanto desde as Administracións públicas como desde as asociacións, as actividades dirixidas a garantir a integración destes novos residentes en Barbanza. O termo ribeirense, cuxa poboación foránea duplica á de Boiro, que é o segundo foco de atracción na comarca, é o que ten unha rede asistencial máis consolidada e desde hai máis tempo.

 

Servizos Sociais

De feito, existe un departamento, na área de Servizos Sociais e que traballa en rede con asociacións e institutos, que se encarga de facer un seguimento destes novos cidadáns e de contactar con eles para coñecer as súas necesidades e as cuestións que lles preocupan.

En Ribeira, ademais, o Concello promove cursos de alfabetización, entre outros, co propósito de que os estranxeiros sen emprego ou formación teñan máis facilidades á hora de acceder a un posto de traballo.

Agora ben, todos os concellos ofrecen asistencia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas