GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O pai da nena do veo formalizará esta semana a petición de traslado de colexio

(15/02/2011)

O pai da nena do veo formalizará esta semana a petición de traslado de colexio

Autor:
S.?A. Arteixo / a voz
Data de publicación:
15/2/2011 -

 O pai da nena sancionada cunha infracción leve por levar veo a clase formalizará esta semana a petición de cambio de colexio, ao non chegar a un acordo coa dirección do CEIP de Arteixo. Así o anunciou Hakim Redawane, que explicou que acaba de recibir toda a documentación que necesita para iniciar a solicitude de traslado.
A solución de cambiar á menor de centro, chega despois de que Redawane se reunise a pasada semana co inspector xefe de Educación da provincia e lle comunicara o seu desexo de cambiar á menor ao Ponte dos Brozos
O consello escolar do colexio aprobou en decembro o seu regulamento interno no que prohibe de forma específica levar «boinas, viseiras, panos dá cabeza nin outras pezas que a cubran». O centro sancionou á alumna cunha infracción leve que lle impediu realizar unha saída cos seus compañeiros.
A Xunta defendeu a autonomía do centro educativo para aprobar o regulamento interno, aínda que afirmou que valoraría a posibilidade de que a menor puidese cambiar de centro. De feito estuda trasladala ao Ponte dos Brozos se se confirma a dispoñibilidade de prazas.
Trátase, sen dúbida, dunha solución salomónica despois de que o centro se manteña firme na súa decisión de aplicar o regulamento e de que a menor continúe indo a clase co hiyab, veo que deixa a cara ao descuberto.
Pola súa banda, a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, intentou mediar neste asunto. De feito, nas últimas declaracións cualificou a situación de «lamentable» e pediu a ambas as partes «boa vontade para chegar a un consenso», que non chegará se se confirma o traslado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas