GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración pide á Xunta unha posición política "contundente" na polémica do hiyab

(14/02/2011)

O Foro Galego de Inmigración pide á Xunta unha posición política "contundente" na polémica do hiyab 

A Coruña, 11 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Foro Galego de Inmigración reclamou á Xunta de Galicia unha posición política "contundente" en relación coa polémica suscitada pola sanción a unha alumna do CEIP de Arteixo (A Coruña) por levar o hiyab, en cumprimento dun réxime interno que prohibe ter a cabeza tapada no aula.

Nun comunicado, o Foro mostra a súa "solidariedade" coa menor e coa súa familia e anuncia que remitiu sendas comunicacións ao centro educativo e á Xunta de Galicia para esixir "unha rectificación clara" e un posicionamento político "contundente" que evite unha situación que considera "discriminatoria".

O Foro Galego de Inmigración subliña o "dereito" da comunidade educativa deste centro a dotarse dun regulamento de réxime interno, pero argumenta que a "utilización voluntaria dun elemento con determinado contido relixioso ou cultural para unha alumna e a súa familia non pode considerarse unha conduta sancionable".

Ao seu xuízo, non se trata dun "elemento ofensivo" para o resto da comunidade educativa nin dun impedimento "para o normal desenvolvemento educativo da alumna".

LEXISLACIÓN

Ademais, entende que "obrigar" á alumna a cambiar de centro educativo "supón unha actuación discriminatoria" e advirte de que podería derivar tamén "nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais".

Por iso, insta á Consellería de Educación a "intervir" neste caso para evitar "que se poidan dar outras situacións como esta" e reclama unha lexislación ou o establecemento duns "principios" que obriguen aos regulamentos de réxime interno "a asumir o carácter intercultural da nosa sociedade", conclúe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas