GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Crece o número de galegos que se van fóra e aínda máis o de inmigrantes que desisten

(14/02/2011)

Crece o número de galegos que se van fóra e aínda máis o de inmigrantes que desisten

Autor:
Carlos punzón
Localidade:
vigo / a voz
Data de publicación:
13/2/2011

Todo apunta a que cando se dean a coñecer os datos sobre os movementos da poboación do ano 2010 farase máis evidente que os galegos están a volver a pensar na emigración ao estranxeiro como unha saída coa que tratar de facer fronte á crise. De feito, a emigración exterior non fixo máis que crecer en Galicia desde o 2004, cando abandonaron a comunidade 1.722 galegos, aínda que o repunte se produciu de xeito máis notable catro anos máis tarde e sobre todo no 2009, cando partiron cara ao exterior 3.084 persoas.

América é o continente de destino máis recorrido entre os emigrantes galegos, con 1.528 casos no 2009, por 1.361 que se dirixiron a Europa. A falta de datos de detalle autonómico sobre os países de destino, Reino Unido (3.949), Estados Unidos (3.414), Francia (3.016) e Arxentina (2.268) foron no 2009 os principais escenarios de chegada para os españois.

En todo caso, unha parte notable dese éxodo, fundamentalmente o dirixido a América, está protagonizado por descendentes de inmigrantes que adquiriron a nacionalidade española ao nacer no destino temporal dos seus pais. De feito, de Galicia partiron no 2009 de novo cara ao estranxeiro 6.291 inmigrantes, cifra inédita no resto da década. Romanía, Marrocos, Bolivia, Colombia, Ecuador e Arxentina son os principais receptores de retornados desde España, mentres que o fenómeno do regreso caeu en Galicia a mínimos históricos ao chegar agora 3.232 galegos emigrados fronte aos 8.435 que o fixeron no 2002.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas