GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«A crise obrigounos a deixar Galicia e regresar a Arxentina»

(14/02/2011)

 «A crise obrigounos a deixar Galicia e regresar a Arxentina»

O fin do bum económico obriga a miles de inmigrantes a retornar

Autor:
agustín bottinelli
Localidade:
bos aires / correspondente
Data de publicación:
13/2/2011

O arxentino Miguel Ángel Severri é un dos máis de 100.000 estranxeiros que, ao longo da última década, elixiron Galicia como o lugar no que instalarse, buscar un traballo e labrarse un futuro. Pero o fin do bum económico trastornou os seus plans e, como moitos outros, viuse obrigado a facer o traxecto de volta: abandonar Galicia para buscar en Arxentina algo mellor. Unha viaxe de ida e volta que xa obrigou a retornar a miles de inmigrantes.

Con 55 anos, fillo de nai leonesa e pai aragonés, e casado cunha neta de galegos de Lugo, Miguel Ángel decatouse hai algúns anos de que estaban a dar cursos para emprendedores. «Presenteime na delegación da Xunta en Buenos Aires, deixei alí o meu currículo e ao tempo chamáronme».

Finalmente, chegou a Milladoiro a finais do 2004. Ese destino foi elixido por suxestión dun matrimonio arxentino: «Amigos nosos, que estaban nese pobo. Eles foron os que ao principio me acolleron a min e ao pouco tempo viaxou a miña esposa, Liliana, cos dous mozos, Matías e Carla», relata.

 

Os duros comezos

Xa en Galicia, comezou a xestionar préstamos para microemprendedores, pero se produciu o atentado de Atocha e suspendéronse todos os préstamos. «A miña esposa xa vendera a maioría das cousas que tiñamos en Buenos Aires e reservara as pasaxes». Desaconselláronlle pór en marcha o proxecto que ideara e un amigo ofreceulle adquirir unha tenda de alimentación na rúa San Pedro, en Santiago. «Fun a coñecer o lugar, mostráronme a documentación da facturación e vin que era un negocio interesante. Finalmente, déronnos un crédito e montamos un autoservicio. Sacámoslle a antiga fachada de almacén de aldea, pintámolo, mellorámolo moito», recorda Severri.

Pero o comezo da crise golpeou con forza a esta familia, que viu como o seu negocio deixaba de funcionar ata ter que liquidalo. «Cando abrimos a tenda, a xente viña comprarnos. Foron bos tempos, pero ao final tivemos que vendelo todo ofrecendo catro produtos ao prezo dun. O banco non entendía que non podía pagar. Había decenas de comerciantes co mesmo problema», explica. «A partir do peche, puidémonos arranxar para comer cun subsidio que me deron en calidade de emigrante retornado, era unha axuda de reinserción de 350 euros por mes».

Foi o duro espertar da aventura emprendida por esta familia arxentina en Galicia. «Cando cheguei, a miña motivación era buscar un panorama mellor, pola inseguridade, a inflación e a falta de futuro que teñen os mozos en Arxentina», xustifica. «A crise, as falsas promesas de axuda dalgunhas institucións en Galicia obrigáronme a regresar. Ninguén me quixo escoitar, só me dixeron que pintase a fronte do negocio e que fixese publicidade, que así ía vender máis».

 

Axuda para retornar

Miguel Ángel recorda a axuda do alcalde de Ames, Carlos Fernández, e dun cura de Cáritas. Eles conseguíronlles un subsidio e xestionáronlles os billetes para o retorno voluntario a Arxentina hai dous anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas