GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Concello de Vigo estima que a poboación inmigrante descendeu ao redor dun milleiro de persoas

(10/02/2011)

O Concello de Vigo estima que a poboación inmigrante descendeu ao redor dun milleiro de persoas

Descende o número de consultas e expedientes na Oficina Municipal de Información

EUROPA PRESS - VIGO - 10-02-2011

O Concello de Vigo estima que a poboación inmigrante da cidade descendeu durante o pasado ano nun milleiro de persoas aproximadamente -no 2009 había 17.870 inmigrantes empadroados-, aínda que recordou que os datos de padrón municipal non se pecharán ata o mes de marzo.


Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, María Méndez, ese descenso de inmigrantes reflectiuse na redución de consultas e expedientes abertos na Oficina Municipal de Inmigración (OMI). Así, das 1004 consultas de 2009, pasouse a 821 en 2010; e dos 853 expedientes baixouse ata os 679.

A edil nacionalista explicou que a maioría dos expedientes tramitados 'son de arraigamento social' -un total de 375-, seguidos de expedientes de reagrupación familiar; e de regularización de menores. Así mesmo, confirmou que as persoas que accederon á OMI, unhas 350, son inmigrantes en situación irregular.

O perfil de usuario da oficina é home ou muller de entre 31 e 50 anos. A maior parte son orixinarios de Portugal, Brasil, Colombia, Uruguai ou Arxentina, aínda que tamén hai unha importante poboación chinesa ou romanesa -uns mil cidadáns-.

PLAN MUNICIPAL

María Méndez recordou que o pasado ano aprobouse o Plan Municipal de Inmigración, no marco do cal adoptáronse unha serie de medidas encamiñadas a favorecer a integración da poboación inmigrante. A ese respecto, sinalou que se contratou unha mediadora intercultural, cuxo traballo centrar esencialmente nos colexios e na axuda á poboación romanesa -especialmente afectada polas barreiras idiomáticas-.

Outras das medidas que se adoptaron foron a posta en marcha dun servizo de tradución, con 67 servizos prestados -de romanés, chinés e wolof, o idioma máis falado en Senegal-; a edición de 3.000 exemplares da guía de recursos; o servizo de procura de emprego para dez mulleres; unha campaña de sensibilización para aumentar o empadroamento; ou os cursos de galego e castelán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas