GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Costa da Morte. A poboación estranxeira deixou de crecer na comarca

(10/02/2011)

A poboación estranxeira deixou de crecer na comarca

Hai 2008 foráneos, cantidade case idéntica ao ano pasado

Autor:
carballo / a voz
Data de publicación:
10/2/2011

A poboación estranxeira na Costa da Morte mantense estable, sen os ascensos rechamantes dos últimos anos. En apenas nove anos, a cifra absoluta nos municipios de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda, se cuadriplicou, e no ano 2009 superou por primeira vez os dous milleiros de empadroados, alcanzando, curiosamente, os 2009.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos correspondentes ao 2010 e, por primeira vez (polo menos, na última década) o resultado das sumas municipais é practicamente o mesmo que o do ano anterior: 2008 foráneos censados na comarca. Así que, salvo por unha persoa, todo segue igual. Iso non quere dicir que non se reproduzan variacións, senón que as altas duns compénsanos as baixas doutros. É rechamante o caso de Cee, o que máis crece en termos absolutos e relativos da zona, con 37 novos inmigrantes con respecto ao 2009. Camariñas, Fisterra, Laxe, Dumbría, Malpica Muxía e Vimianzo gañan residentes en maior ou menor medida; Cabana segue cos seus 28 empadroados e o resto descenden. O que máis, Carballo, con 30 menos, seguido de Zas, con 15.

No entanto, os datos oficiais a miúdo varían cos que manexa cada ano o Concello, e que fai públicos unha vez ano, no primeiro trimestre do ano, no Barómetro Municipal. E adoitan ser máis que os que achega o INE. No 2010 figuraban 802 residentes nesta táboa municipal, procedentes de 42 países distintos.

Concello Poboación Españois Estranxeiros Europa Italia Portugal Reino África América Uruguai Total Unido


Cabana 4.909 4.881 28 12 2 6 1 1 15 1

Camariñas 6.226 6.101 125 42 5 16 5 30 35 1

Carballo 31.149 30.390 759 231 56 73 13 34 463 187

Cee 7.818 7.695 123 56 5 19 9 9 52 0

Cerceda 5.486 5.409 77 45 1 29 1 2 30 5

Corcubión 1.803 1.771 32 15 3 3 1 1 16 4

Coristanco 7.165 7.131 34 13 5 3 0 3 17 8

Dumbría 3.705 3.695 10 6 1 1 2 0 4 0

Fisterra 4.995 4.908 87 39 7 13 0 6 41 10

Laxe 3.417 3.343 74 18 1 5 8 6 34 0

A Laracha 11.213 10.991 222 89 14 33 9 36 89 12

Malpica 6.178 6.110 68 18 3 3 4 0 41 8

Muxía 5.423 5.354 69 25 2 5 1 0 27 0

Ponteceso 6.215 6.150 65 41 6 5 0 1 19 1

Vimianzo 8.128 7.987 141 65 3 9 9 15 53 0

Zas 5.295 5.201 94 80 1 4 0 5 7 1


Total 119.125 117.117 2008 795 115 227 63 149 943 238


FONTE: Instituto Nacional de Estatística. Datos correspondentes ao ano 2010.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas