GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caldera defende «libre mobilidade» para os inmigrantes en busca dun soldo «adecuado»

(09/02/2011)

Caldera defende «libre mobilidade» para os inmigrantes en busca dun soldo «adecuado»
O ex ministro de Traballo cualifica de «inevitable, perdurable e positivo» o fenómeno migratorio e propón tamén o «libre comercio» para os produtos máis baratos de África e Asia

abc / madrid
Día 08/02/2011 -

O ex ministro de Traballo e máximo responsable da Fundación Ideas, Jesús Caldera, defendeu este martes en Dakar a «libre mobilidade para as persoas que buscan unha remuneración adecuada ás súas capacidades». Caldera, que participou na capital senegalesa nunha mesa de traballo sobre inmigración e desenvolvemento no marco do Foro Social Mundial, destacou que o fenómeno migratorio é «inevitable, perdurable e positivo tanto en termos económicos como sociais».

Nun debate xunto ao ex primeiro ministro italiano Massimo D'Alema, o vicepresidente executivo da Fundación -laboratorio ideolóxico do PSOE- fixo referencia aos últimos informes da OCDE sobre migracións e economía, segundo os cales EE.UU. necesitará nos próximos 20 anos 20 millóns de inmigrantes cualificados, mentres que Europa precisará case 50 millóns «pois o descenso de poboación activa xa comezou en países como Alemaña».

«Fundamental para o desenvolvemento global»

As declaracións de Caldera prodúcense o mesmo día que o Goberno fixo público o borrador do Regulamento que desenvolve a Lei de Estranxeiría, que prevé unha nova figura denominada «arraigamento familiar» a través da que se regularizará a situación dos pais dos menores nacidos en España se o neno está ao seu cargo e convive co proxenitor que solicite os papeis.

«Os movementos migratorios son xa, e o serán aínda máis no futuro, fundamentais para o desenvolvemento global e para avanzar cara a un mundo á vez máis eficiente no económico, e máis cohesionado no social», asegurou Caldera, que opina que, para os países desenvolvidos, a dimensión económica do fenómeno migratorio é vital, pois sen inmigración «o futuro dos Estados de Benestar europeos está seriamente ameazado».

Para «facilitar un proceso de nivelación económica entre as rexións desenvolvidas e as deprimidas», o ex ministro durante a primeira lexislatura de Zapatero considera tamén importante que haxa «libre comercio para os produtos máis baratos de África e Asia que intentan acceder aos mercados europeos».

España, «referente de integración»

En canto ás consecuencias sociais e culturais do fenómeno migratorio, Caldera rexeitou os discursos de tinguidura xenófoba e os que estigmatizan ao inmigrante e destacou que as sociedades máis diversas e abertas «son tamén sociedades máis creativas, cohesionadas e menos conflitivas». «Todos habemos de ter os mesmo dereitos e as mesmas obrigacións, que son os que marca a lei», explicou, insistindo na necesidade de realizar políticas integradoras que fomenten a convivencia en total igualdade con independencia da súa orixe nacional, etnia ou relixión.

Ese é o caso de España, que Caldera considera un modelo a seguir en canto a políticas integradoras de inmigranates, habendo logrado «converterse nun referente tanto en xestión como en integración de fluxos migratorios grazas a tres elementos craves: a cooperación cos países de orixe, a regulación de fluxos vinculados á evolución do mercado laboral, e finalmente, unha clara senda de itinerarios de integración social», asegurou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas