GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As ordes de expulsión de inmigrantes caeron un 32 por cento en tres anos

(07/02/2011)

As ordes de expulsión de inmigrantes caeron un 32 por cento en tres anos
As causas son, por unha banda, a crise, que escorrenta aos estranxeiros; e tamén o reforzo do control nas fronteiras

ÁNGELA FERNÁNDEZ - A Coruña O número de ordes de expulsión de inmigrantes en Galicia ditadas polo Ministerio de Interior caeu nos últimos tres anos un 32%, e dos 1.191 procedementos abertos en 2008 pasouse a 802 o ano pasado. O menor número de estranxeiros que viaxan España debido á crise económica e un maior control das vías de entrada ao país explican o descenso nas ordes de expulsión
A pesar desta redución, o Goberno central logrou incrementar, no mesmo período, a porcentaxe de resolucións executadas: se foron 283 os sen papeis devoltos ao seu país de orixe fai tres anos, en 2010 foron 334. Os datos son aínda máis positivos en canto a cumprimento das ordes se se comparan anualmente os trámites iniciados e finalizados. O 23% de 2008 converteuse nun 41% o pasado exercicio, aínda que as cifras demostran que Interior aínda está lonxe de poder dar resposta a todas as ilegalidades que detecta en materia de inmigración.
Por provincias, A Coruña e Pontevedra acaparan, durante todo o período, o maior número de ordes de expulsión, como tamén rexistran o maior número de inmigrantes -en situación regular ou irregular- que chegan cada ano. A maior actividade económica e, como consecuencia, que haxa máis oportunidades laborais, segue atraendo aos estranxeiros cara ao litoral. Pero, en canto á evolución desde 2008 son A Coruña e Ourense as que se comportan de xeito similar, ao caer as ordes ditadas á metade no primeiro caso e un 36% no segundo. Ao mesmo tempo, tamén sobe a execución das resolucións nun 54% en ambas as provincias. Pola contra, Pontevedra só experimenta unha caída do 11% en tres anos en canto á detección de inmigrantes indocumentados e só sobe un 14% as expulsións, e en Lugo o primeiro dato baixa só un 11% e a formalización aumenta algo máis, ata o 33%.
Desde o sindicato Comisións Obreiras, a responsable do departamento de Inmigración na Coruña, María José Otero, cre que a interpretación dos datos é fácil:"Cada vez hai menos irregulares porque cada vez hai menos estranxeiros en xeral". A situación económica transmítese cara ao exterior, tanto polos medios de comunicación como polo boca a boca, e os estranxeiros non viaxan a España como o facían antes.
En canto ao aumento na execución de ordes de expulsión, a responsable de Inmigración opina que podería responder á nova política de centros de internamento, aínda que en Galicia non existen e Interior remite aos interceptados na comunidade ao situado en Madrid. Cando un estranxeiro sen papeis é enviado a unha destas instalacións, só pode permanecer 40 días. Hai pouco que Interior coordina a nacionalidade dos internos e agrúpaos para envialos a casa. Así, apunta Otero, enchen un avión e tamén aforran custos cos axentes de policía que viaxan con eles. A que se podería denominar vía rápida de expulsión resérvase para aquelas persoas con antecedentes, sobre todo por violencia de xénero ou delitos penais. Neste caso, a deportación é case inmediata e nalgúns casos leva a suspensión da condena.
Outra das razóns da caída no número de ordes de expulsión está no maior control das vías de entrada ao país. A portavoz de CCOO asegura que existe máis inspección tanto nos consulados como nas fronteiras e, así como fai algúns anos Madrid era "case un coladeiro, agora é "máis complicado". É probable que tamén aumente, segundo di, o número de devolucións, é dicir, as persoas que se expulsan nada máis chegar a España, sobre todo nos aeroportos.
Aínda que recoñece que a vixilancia incrementou na entrada, o responsable de Migración da CIG, Xurxo Martínez, alerta de que os brasileiros, o maior grupo de inmigrantes que chegan a Galicia, fano a través de Portugal, sen ningún tipo de control. Non se mostra completamente de acordo o representante sindical con ligar os datos do Goberno central a ningún fenómeno experimentado nos últimos anos porque cre que non hai conexión entre ambos. "A policía presenta o número de ordes de expulsión como mostra de eficacia", critica, e recorda que a Unión Europea xa chamou a atención a España por non pór multas.
E é que a tramitación da deportación utilízase case en exclusiva contra os inmigrantes indocumentados, aínda que a lei contempla tamén a posibilidade de sancións. Tampouco ten sentido, defende Martínez, que se manteña case un milleiro de ordes de expulsión ao ano se se sabe que non se van a poder cumprir.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas