GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores para impartir seminarios fóra de Galicia durante ano 2011.

(04/02/2011)

Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores para impartir seminarios fóra de Galicia durante ano 2011.

 
Información e formularios de inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
02.02.2011
Estado: 
Procedemento Aberto

De acordo coa resolución do 13 de maio de 2008 (art. 10º), poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro.

Tendo en conta que a finalización do prazo de presentación de solicitudes das entidades galegas do exterior para os seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega rematou o 31 de xaneiro deste ano, informase que ata o 17 de febreiro inclusive poderán presentar documentación ou novas inscricións, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizarán durante o ano 2011.

- Texto íntegro da convocatoria e formulario de inscrición (picar aquí para descargar).

Nota: para cubrir o formulario é preciso imprimir o documento e logo cubrilo de forma manuscrita.

- Lugar de Presentación da documentación:

Preferentemente por fax dirixido ao Servizo de Acción Socio-Cultural da Secretaría Xeral da Emigración (nº  +34 981 547 295) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de entrega: 
17.02.2011

Vigo

24,00 h

Bos Aires

20,00 h

Rio de X.

21,00 h

Zürich

24,00 h
Documentación asociada
Documentación asociada
 
Resolución do 13 de maio de 2008 83.73 KB
Resolución do 12 de agosto de 2008 pola que se modifica a do 13 de maio. 135.99 KB
Resolución do 10 de decembro de 2008 pola que se modifica a do 13 de maio. 28.49 KB
 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas