GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alemaña quere traballadores españois

(31/01/2011)

Alemaña quere traballadores españois

Angela Merkel visita España o 3 de febreiro.

A Embaixada alemá informa aos españois de numerosas vacantes de emprego en Alemaña. O ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, aceptaría unha fuga de cerebros sempre que se establecesen datas de retorno.

A Embaixada de Alemaña en España informa na súa páxina web dos requisitos para que os cidadáns españois interesados poidan atopar un posto de traballo ou de prácticas no seu país ante a oferta existente en distintos sectores onde se demanda persoal cualificado.
Os ámbitos ofertados son, entre outros: sanidade, banca, educación, enxeñería ou turismo.

Baixo o epígrafe, "Traballar en Alemaña", a Embaixada recorda que os españois, como cidadáns comunitarios, poden empregarse no seu país sen ter que solicitar un permiso de traballo específico.

Un dos requisitos que se debe ter en conta á hora de tramitar unha solicitude é que "a maioría dos empleadores esixirá un bo coñecemento da lingua alemá" para ser aceptado no posto.

Os cidadáns que están cobrando o subsidio de paro en España poden manter esta axuda en Alemaña por un máximo de tres meses.Pero transcorridos os tres meses sen atopar unha ocupación en Alemaña, deberá regresar a España para manter o dereito adquirido da prestación por desemprego.

Valeriano Gómez quere que volvan

O ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, avoga por estudar co Goberno alemán un programa conxunto no que os mozos españois cualificados poidan desprazarse a traballar a Alemaña con data de retorno.

Así o considerou durante unha entrevista na Cadea Ser, na que confirmou que o vindeiro xoves tratará este asunto coa chanceler alemá, Ángela Merkel, durante a súa visita oficial a España.

No entanto, Gómez insistiu en que ao Goberno non lle gusta expor programas que terminen coa posibilidade de que as persoas "mellor formadas se vaian fóra de España e do mundo social e laboral", aínda que se mostrou flexible con plans que permitan o retorno.

O cume entre José Luís Rodríguez Zapatero e Angela Merkel, prevista o 3 de febreiro en Madrid, abordará a cooperación en materia laboral entre ambos os países, pero o Goberno nega que se vaia a estudar un plan específico para que novos españois cualificados en paro vaian a Alemaña a traballar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas