GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Merkel busca traballadores españois

(24/01/2011)

Merkel busca traballadores españois

Ofrecerá emprego a mozos cualificados co fin de paliar o seu déficit de profesionais

Autor:
ander carazo
Localidade:
madrid / colpisa
Data de publicación:
23/1/2011

Nas décadas dos cincuenta e dos sesenta, miles de españois, moitos deles galegos, decidiron facer as maletas e pór rumbo a Centroeuropa para conseguir o posto de traballo que aquí lles faltaba. A maioría acababan contratados en empregos de manufactura na industria. Eran outros tempos, agora a situación é moi diferente. Medio século despois, Alemaña busca novos españois cualificados e en situación de desemprego para resolver, en certo xeito, a súa carencia deste tipo de profesionais.

A chanceler alemá, Angela Merkel, exporá esta posibilidade ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , no cume bilateral que manterán o próximo 3 de febreiro en Madrid. Segundo informa o semanario Der Spiegel, este proxecto de cooperación bilateral atópase entre os principais temas da axenda de ambos os países.

 

A Unión Democristiá (CDU), o partido de Merkel, responde ás queixas dos líderes sindicais xermanos sobre a escaseza de persoal cualificado nas empresas. Ademais, España poderá reducir a súa taxa de paro xuvenil, que xa alcanza o 43% e que foi catalogada polo presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, de «escandalosa».

«No sur e o leste de Europa hai moitos mozos desempregados que buscan un traballo», explicou o viceportavoz da CDU no Reichstag, Michael Fuchs. Por esa razón, esta proposta estenderase a outros estados azoutados pola crise do desemprego e da débeda.

España e Portugal son os países predilectos, xa que contan cunha alta taxa de paro deste tipo de traballadores e porque os trámites burocráticos de emigración son moito máis simples xa que están dentro da Unión Europea e hai libre circulación de persoas. Para o máximo responsable da CDU en Baviera, Max Straubinger, é mellor conseguir forza laboral que proveña da Comunidade, «que ter que cambiar as leis de inmigración».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas