GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia descenden un 4,82% en 2010

(20/01/2011)

Os estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia descenden un 4,82% en 2010

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Ene. (EUROPA PRESS)

O número medio de estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia en decembro foi de 37.412, o que supón un descenso do 4,82% con respecto a 2009, segundo datos fornecidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

A maior parte dos traballadores estranxeiros en Galicia, o 67,74%, cotizan no réxime xeral da Seguridade Social. Destes, a maioría concéntranse en tres sectores: hostalería (22,32%), construción (18,55%) e a reparación de vehículos (13,71%).

Con respecto a 2009, o número de traballadores descendeu sobre todo na construción, que en decembro dese ano supuña un 22,25% dos inmigrantes asalariados, con 6.013 integrantes, e descendeu en 1.311.

O seguinte grupo en importancia é o dos que cotizan en réxime de autónomos, un 12,98% en Galicia. Un terzo dos autónomos estranxeiros en Galicia dedícase á reparación de vehículos, mentres que o segundo grupo máis numeroso, cun 21,52% dos afiliados, é o dos hostaleiros. Por outra banda, o 11,26% dos estranxeiros que traballan en Galicia fano como empregados do fogar.

SECTOR PRIMARIO

O sector primario no seu conxunto dá traballo ao 8,03% dos inmigrantes afiliados á Seguridade Social na Comunidade, a un 4,17% no sector do mar e a un 3,86% no agrario.

A pesar de que os inmigrantes afiliados á Seguridade Social en Galicia tan só supón o 2,06% dos traballadores estranxeiros no Estado, a Comunidade galega concentra a máis da metade dos traballadores estranxeiros no sector do mar, con 1.561 afiliados nesta rama sobre 3.960 no conxunto do Estado.

A maior parte dos estranxeiros dados de alta como cotizantes na comunidade son de orixe portuguesa, con 9.050 persoas; seguidos dos romaneses, con 2.452 e os italianos, que suman 1.096.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas