GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os estradenses en Cuba renden honras a Dono

(19/01/2011)

Os estradenses en Cuba renden honras a Dono

O alcalde da Estrada foi proposto como socio de honra pola súa contribución a estreitar lazos.

Autor:
m. garabantes
Data de publicación:
18/1/2011
A Sociedade Fillos do Concello da Estrada na Habana inaugurou o seu calendario de citas para este ano cunha xunta de asociados na que elixiu aos merecedores dos títulos honoríficos que concede anualmente. O alcalde estradense, José Antonio Dono, foi proposto como socio de honra pola súa contribución á mellora e «estabilización» das relacións entre o Concello e a comunidade de estradenses residentes en Cuba. A visita de Dono á illa en maio do ano pasado foi determinante para estreitar lazos entre ambos os lados do Atlántico. Ademais do alcalde, será nomeado tamén socio de honra o emigrante estradense Pelayo Torrado Pontes (A Estrada, 1920), que xa ostenta o título de socio de mérito. Pola súa banda, a secretaria do colectivo, Gódula Rodríguez Señariz (A Habana, 1947) será nomeada secretaria de mérito. As distincións entregaranse en xuño, nas celebracións do San Paio na Habana. Dos 318 socios do colectivo, nove son naturais da Estrada, 161 descendentes e 74 de nacionalidade española.
 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas