GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha oportunidade para os inmigrantes

(18/01/2011)

Unha oportunidade para os inmigrantes

Autor:
Elena
larriba Data de publicación:
18/1/2011

Unha oportunidade é o título dunha curtametraxe, escrito e dirixido por Gabriel Tizón, que nos mete de cheo na vida dos inmigrantes que deixan atrás os seus fogares e as súas familias para intentar mellorar as súas vidas. O protagonista desta historia real é Mathurin Diagne, un vendedor ambulante senegalés que se enfronta a diario ao rexeitamento do estilo de vida occidental, sen que ese desprezo o desanime. Mathu entende o compromiso cultural como a mellor arma para a integración e a tolerancia. Este curto, no que tamén ten un pequeno papel o artista pontevedrés, Antón Sobral, serviu onte para ilustrar unha mesa redonda sobre Inmigración en tempos de crises, organizada polo Ateneo e celebrada no Café Moderno. Entre os relatores estaban Abdul Fatta Seye, Demba Yali Diop e Timthee Badji, representantes da Asociación Senegalesa Dioco.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas