GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Portal Web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu máis de 240.000 vistas o ano pasado, case un 10 por cento máis ca en 2009

(17/01/2011)

O Portal Web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu máis de 240.000 vistas o ano pasado, case un 10 por cento máis ca en 2009

 
 
17.01.2011
  • A cidade con maior número de visitantes de www.galiciaaberta.com é Bos Aires, e no cuarto e quinto postos sitúanse Madrid e Montevideo

O portal de Internet www.galiciaaberta.com, dependente da Secretaría Xeral da Emigración, recibiu ao longo do ano 2010 un total de 242.271 visitas, o que supón unha media mensual de 20.189, e diaria de case 664. Estes datos reflicten un aumento do 9’67 % respecto do ano 2009, pois daquela se recibiran algo máis de 220.000 visitas.

Respecto dos usuarios únicos (é dicir, aqueles que non realizan varias visitas nunha mesma xornada), houbo un aumento aínda maior, ata chegar a un 23’11 por cento. Así, ao longo do 2010 rexistráronse 141.959 usuarios únicos -o que supón 11.823 mensuais ou 389 diarios-, fronte aos 115.311 de 2009.

Aumentou asemade, aínda que de maneira menos substanciosa, o número de páxinas visitadas dentro do portal www.galiciaberta.com. Así, en 2010, foron 934.010 as páxinas que recibiron visitas (77.834 por mes, 2.559 por día), fronte ás 898.293 do ano 2009, o que supón unha porcentaxe de aumento do 3’98.

Tamén máis tempo
Rexistrouse igualmente un aumento no tempo de permanencia no sitio, cunha media de visita entre tódolos usuarios de 3 minutos e 50 segundos, un 1’54 por cento máis ca en 2009. Naquel ano, os usuarios empregaban o portal da Emigración na contorna dos 3 minutos e 47 segundos.

Canto á procedencia por países, case a metade das visitas proceden de España (49’9 %), cumprindo salientar a importante presenza estatística do segundo país, Arxentina (25’5 %). De entre os que contan con máis dun 1 por cento de visitantes, séguenlles Uruguai (6’7 %), Brasil (3’7 %), Venezuela (2’9 %), México (1’5 %), Estados Unidos (1’3 %) e Suíza (1’2 %). A modo de anécdota, sitúase no posto 19º Canadá (país con escasa presenza de galegos), con case medio milleiro de visitas.

Na distribución por cidades de residencia dos visitantes do portal web, á cabeza da listaxe sitúase Bos Aires (con máis de 40.000 visitas, un 16’5 %), seguida de Compostela, A Coruña, Madrid (case 16.000 visitas, un 6’6 %), Montevideo (14.500 visitas, 6 %), Vigo, Pontevedra, Barcelona (case 5.000, o 2 %), Ourense, e Lugo.

Puerto Madero, Zürich, Castellón…
Cómpre salientar a presenza, entre as cidades arxentinas das que se rexistraron máis de 1.500 visitas, de Puerto Madero, Isidro Casanova, ou Lomas de Zamora, localidades da contorna de Bos Aires, ademais da de Mar del Plata. Noutros países latinoamericanos destacan Caracas, Río de Xaneiro e Salvador de Bahía, en Europa a cidade suíza de Zürich, e, á marxe das dúas grandes capitais, entre as cidades españolas é salientable a presenza de Castellón.

Con estes datos na man, o portal web www.galiciaaberta.com está a demostrar a utilidade do seu funcionamento, e o cumprimento dos obxectivos para o que foi creado, pois amosa a importante necesidade de información on line que demanda a diáspora, e serve de canle inmediata de difusión das medidas do departamento que dirixe Santiago Camba.

Facebook e Twitter
Así, cabe salientar que, en menos de tres meses (desde a súa creación o 14 de outubro de 2010), o perfil de GaliciaAberta.com en Facebook xa ten 1.240 adheridos, e 283 no de Twitter, de moi recente creación. A presenza nestas dúas principais redes sociais serve de conexión (fundamentalmente a través dos teléfonos móbiles e outros dispositivos portátiles) cos galegos da diáspora para lles ofrecer, en tempo real e nas mellores condicións posibles, as novas de relevancia do portal web.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas