GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ampliado en 10 días o prazo para que os inmigrantes se inscriban no censo electoral

(17/01/2011)

O BOE publica hoxe, 14 de xaneiro, a Orde do Ministerio de Economía e Facenda pola que se amplía en 10 días o prazo para que os inmigrantes se inscriban no censo electoral e poidan exercer o seu dereito a voto nas próximas eleccións municipais. Desta forma, o prazo que vencía o sábado 15 xaneiro queda ampliado ata o día 25 deste mes.

De acordo con esta Orde, os Concellos enviarán as solicitudes á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente á súa provincia conforme sean tramitadas, antes do día 31 de xaneiro de 2011.

Un total de 1.468.663 estranxeiros terán dereito a votar o próximo mes de maio, segundo os datos do INE. Deles, máis dun millón cen mil son cidadáns da UE e outros 350.287 proceden de Ecuador, Perú, Bolivia, Colombia, Paraguai, Chile, Nova Zelandia e Noruega, países que subscribiron convenios de reciprocidade con España para poder exercer este dereito.

Tamén Cabo Verde

A todos eles, súmanse os cidadáns de Cabo Verde, tras a publicación no BOE, con data 13 de xaneiro, do acordo de reciprocidade que posibilita o voto de españois e caboverdianos nos seus respectivos países de residencia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas