GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Voto inmigrante. O Goberno amplía o prazo para a inscrición dos inmigrantes no censo electoral

(13/01/2011)

O Goberno decidiu ampliar ata o 25 de xaneiro o prazo de inscrición de estranxeiros no censo electoral para as eleccións de maio.

Os inmigrantes deben inscribirse no Censo Electoral do seu Concello se desexan participar nas eleccions municipais que terán lugar o próximo mes de maio de 2011

Os estranxeiros deberán figurar inscritos no Censo Electoral de Estranxeiros Residentes en España (CERE), sendo o prazo para a presentación das solicitudes ata o 25 de xaneiro de 2011.

Os cidadáns nacionais de países da Unión Europea deberán subscribir declaración formal manifestando a súa vontade de exercer o dereito de sufraxio nas eleccións municipais en España. Estas declaracións poderán presentarse no Concello, acompañadas do documento de identificación de estranxeiros dos interesados.

Os cidadáns de países con acordo poderán presentar a solicitude de inscrición no Censo Electoral de estranxeiros residentes, persoalmente no Concello.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas