GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2011

(10/01/2011)

Programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2011

 
Información dos programas de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 29 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se regula para o ano 2011 o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
07.01.2011
Estado: 
Procedemento Aberto
  • Obxecto:

Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

 

  • Nº de prazas e características

1. Actividades de campamento: convócanse 336 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en quendas do mes de xullo e agosto.
O programa desenvólvese en quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:

a) Na primeira quenda de xullo ten lugar a actividade Galiza: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuv. Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo) e seis días na zona de costa (no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.

b) Na segunda quenda de xullo, ten lugar o Programa Rutas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos- en instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil en cuartos compartidos.

c) De ser o caso, convocarase unha terceira quenda para solicitantes de países nos que o seu calendario escolar, non permita participar na primeira quenda do mes de xullo.

2. Campos de traballo: convócanse 40 prazas en campos de traballo situados en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, de acordo co disposto no anexo II, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía, animación sociocultural, social, ambiental. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.

 

  • Destinatarios

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Ter nacionalidade española.
d) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelessolicitantes que teñan 18 ou máis anos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
e) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en actividades de campamento.
f) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en campos de traballo.
g) No caso dos solicitantes de actividades de campamentos non ter participado en edicións anteriores nesta modalidade.
h) No caso de solicitantes en campos de traballo non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.
i) Para as prazas financiadas ao 100% da axuda do custo da viaxe, a unidade económica familiar destes solicitantes, non debe contar con ingresos superiores, en renda per capita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para o ano da convocatoria, do país de residencia do solicitante, e os solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano da convocatoria.
j) Para os solicitantes que opten a prazas financiadas ao 50% da axuda de custo da viaxe, poderán superar os limites de ingresos establecidos no punto anterior.

  • Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración, na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, na Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderán presentarse nas Consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

Para a presentación destas solicitudes os interesados poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.Os interesados que así o desexen, poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, para a presentación telemática das súas solicitudes:

-En Brasil:
     
-Peña Galega da Casa de España ( Río de Janeiro).
     
-Real Sociedade Española de Beneficencia (Salvador-Bahía).
     
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução (São Paulo).
     
-Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos).
-En Venezuela:
     
-Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas).
-En Cuba:
     
-Federación de Sociedades Galegas en Cuba.

 

  • Documentación adxunta

-Formularios de solicitude (Anexos A, B, C e D) (picar aquí para descargar)

Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

-Modelo de Declaración de Obrigas Tributarias e Seg. Social (picar aquí para descargar en word)      (picar aquí para descargar pdf)

Nota: É preciso entregar esta declaración xunto co resto da documentación

-Texto íntegro da convocatoria no D.O.G (picar aquí para descargar)

 

Prazo de entrega: 
07.03.2011

España

24,00 h

Arxentina

20,00 h

Uruguai

21,00 h

Europa

24,00 h
 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas