GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense. Case 6.000 inmigrantes legais na cidade

(07/01/2011)

Case 6.000 inmigrantes legais na cidade

Máis de 1.000 residentes extracomunitarios poderán votar en maio 

Redacción. Ourense - 07-01-2011

A inmigración non compensa a sangría da emigración, especialmente interior, que padece Ourense pero axuda, por exemplo, a manter o censo na cidade. Tanto é así que exactamente 5.978 inmigrantes residen legalmente na capital, independentemente dos que habitan nela de forma ilegal e, xa que logo, incuantificable.

La concejala de Servicios Sociais de Ourense, Marga Martín.
A concelleira de Servizos Sociais de Ourense, Marga Martín.

Precisamente, o Concello de Ourense iniciou unha campaña destinada á poboación inmigrante con residencia legal para que se inscriba no censo electoral antes do 15 deste mes e poida, así, votar nas próximas eleccións municipais.

Dos preto de 6.000 empadroados no Concellon (cerca do 6% da súa poboación total), son 3.182 os inmigrantes que poderán emitir sufraxio, todos eles cidadáns dos países da Unión Europea e os doutras oito nacionalidades coas que o Goberno central chegou a acordos específicos neste sentido. Este é o caso de Colombia, Ecuador, Paraguai, Chile, Bolivia, Noruega, Islandia, Nova Zelandia e Perú, países que suman 1.074 inmigrantes con dereito a voto, sempre que se inscriban. Outros 2.108 residentes máis poderán votar por ser cidadáns da Unión Europea.


CAMPAÑA MUNICIPAL

O goberno local está promocionando a inscrición dos inmigrantes no censo electoral, sabedor da importancia que pode ter ese número de potenciais votantes no resultado das eleccións municipais, aínda que a concelleira de Servizos Sociais, Marga Martín, precisou que a idea é, simplemente, informar aos inmigrantes en situación regular na cidade e con capacidade para votar que se inscriban no censo e 'animalos a participar na vida política do ámbito onde viven, e iso faise votando'. Martín só pretende 'animar á participación', como xa se fixo, precisa, noutras cidades, comunidades autonómas e ata desde o Goberno central. Porque, alega, 'queremos facer dá diversidade un valor cidadán, que os inmigrantes se sintan coma nós, en dereitos, deberes e responsabilidades'.



Hai que precisar que os cidadáns da UE non requiren ningunha condición para poder exercer o seu dereito ao voto, pero entre os extracomunitarios, só poden anotarse no censo e votar os dos países con convenio e logo de residir un mínimo de cinco anos consecutivos no país. Destes últimos, o maior número procede de Colombia, sumando 714 inmigrantes desa nacionalidade.

En todo o país, 322.633 cidadáns extracomunitarios deses países poderán votar nas eleccións municipais de maio, segundo as previsións do Instituto Nacional de Estatística. Así mesmo, máis de 15.000 comunitarios poderán facelo en Galicia. En Ourense son 2.108 só na cidade, onde se concentra a maioría deles, coa excepción do volume de cidadáns portugueses residentes en Valdeorras.


12.000 INMIGRANTES

A poboación inmigrante na provincia alcanza as 12.000 persoas, das que a metade, sempre no que se refire a poboación regularizada, residen na cidade. Son os portugueses (963 contabilizados), os que representan un maior número, seguidos dos colombianos (714), romaneses (695) e brasileiros (644). En menor número, aínda que superando o centenar, sitúanse os residentes orixinarios de Cuba, Ecuador, Senegal ou China. Hai máis de 200 cidadáns de Marrocos, 380 da República Dominicana e 371 de Venezuela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas