GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

VILAGARCÍA - FORMACIÓN SOCIOLABORAL PARA INMIGRANTES - XANEIRO, FEBREIRO E MARZO DE 2011

(28/12/2010)

A Cámara de Comercio de Vilagarcía impulsa a formación sociolaboral para inmigrantes

Programanse oito obradoiros de balde entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo

FARO DE VIGO 

REDACCIÓN - VILAGARCÍA

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa pon en marcha el Proxecto "Formación para a integración socio-laboral de Inmigrantes". Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, as Cámaras de Comercio, e o Consello Superior de Cámaras.

Os obxectivos principais do proxecto son a correcta inserción na empresa e no entorno laboral das persoas inmigrantes, mellorar o seu desenvolvemento integral na sociedade española, ofrecer orientación e asesoramento en cuestións sociais, legais e laborais, así como facilitar información de forma obxectiva, organizada, e realista.

Para conseguir os obxectivos do proxecto, se realizarán oito obradoieros de balde de formación, a desenvolver nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, co obxectivo de reforzar  o seu proceso de integración socio-laboral na sociedade española. Ademais da formación impartida nos obradoiros, os participantes recibirán manuais que incluen orientación e asesoramento en cuestións relacionadas coas relacións laborais, no entorno social, e a busca de emprego.

Cada obradoiro se desenvolve en duass partes, unha delas xenérica, no que se traballarán contidos que facilitan a integración na sociedade de acollida, e unha parte específica, na que os participantes poderán obter información sobre recursos e direccións de interese ós que acudir segundo a súa necesidade.

As personas interesadas en participar poderán inscribirse ata cinco días antes de cada obradoiro, ainda que os obradoiros teñen un límite de participantes, polo que se procederá á selección dos mesmos por orden de recepción de solicitudes.

Este proxecto se enmarca dentro da colaboración, que dende fai dous anos desenvolven o Consello Superior de Cámaras, a Federación Española de Hostelería, e a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Traballo e Inmigración, a través da sua Dirección Xeral de Integración, para a realización de proxectos de interés mutuo en materia de inmigración dirixidas á integración e rápida adaptación dos colectivos de inmigrantes ó entorno socio-económico español.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas