GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do ‘Barómetro da Inmigración 2010’.

(21/12/2010)

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do ‘Barómetro da Inmigración 2010’.

 
  • Entre os datos recollidos pola Xunta cómpre destacar que tanto os nativos coma os foráneos calculan que hai máis inmigración da que en verdade existe.
  • Unha maioría dos enquisados salientan a necesidade de vincular o posto de traballo á regularización dos inmigrantes, pero unha maioría aínda máis ampla ve positiva para a economía española a presenza dos traballadores foráneos.


O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, presentou esta mañá en rolda de prensa os resultados da enquisa ‘Barómetro da Inmigración 2010’, realizado polo seu departamento, nun acto no que estivo acompañado polo subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón.

Para a elaboración do Barómetro realizáronse 1.409 entrevistas telefónicas e presenciais a cidadáns galegos e estranxeiros maiores de 18 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, das que 802 se efectuaron a nativos e 607 a estranxeiros; polo que a información achegada facilita unha interesante perspectiva de auto e mutua percepción.

No Barómetro se recolle a opinión da sociedade no seu conxunto, dos galegos e das persoas estranxeiras que residen en Galicia, sobre un gran número de cuestións relacionadas co feito inmigratorio. Así, reflíctense opinións e percepcións nunha tripla perspectiva. En primeiro lugar, sobre o trato habitual existente entre os cidadáns nados en Galicia e as persoas inmigrantes; en segundo termo, en relación aos plans de futuro dos inmigrantes para se estableceren definitivamente no territorio galego; e finalmente, sobre se as condicións de vida dos inmigrantes son mellores aquí ca no país de orixe.

Máis tolerancia
Así, case a totalidade de estranxeiros consultados afirma ter un trato habitual con galegos, e o 45% deles din que a súa relación mellorou nos últimos tempos. Pola súa banda, o 59% dos cidadáns nativos di tratar decote con inmigrantes, fundamentalmente no seu cen¬tro de traballo. Ademais, un 73% dos inmigrantes ten no seu círculo de amigos máis próximo a un cidadán nativo, en tanto máis da metade dos galegos (un 51%) ten a un estranxeiro entre os seus amigos de máis preto.

Un 51% dos autóctonos afirma ser tolerante cos inmigrantes, mentres só o 25% destes o percibe realmente. Un 57% dos galegos consideran que os inmigrantes están bastante ou moi integrados, pero entre os inmigrantes esa porcentaxe baixa, vese bastante ou moi integrado o 47%, e outra porcentaxe exactamente similar (47%) cre que o está pouco.

Por outra banda, a maioría dos enquisados coinciden en que o colectivo de inmigrantes iberoamericanos é o que conta con maiores facilidades para a integración. Así o cre o 90% dos galegos e o 67% dos estranxeiros. Ambos grupos sitúan, despois, os inmigrantes chegados de Europa do Leste, e xa en terceiro lugar os africanos.

Mellora na calidade de vida
Outro dos datos interesantes do Barómetro é que case a metade (47%) dos inmigrantes afirma que nos últimos anos as súas condicións de vida en Galicia melloraron. Especialmente salientable é o dato de que existe unha sobreavaliación da presenza de inmigrantes na Comunidade Autónoma, posto que o 69% dos nativos e o 71% dos propios estranxeiros cren que en Galicia reside máis dun 10% de inmigrantes, cando a realidade indica que non chegan ao 5%.

Canto ás condicións legais para esa convivencia, o 63% dos galegos e o 58% dos estranxeiros vincularían o permiso de entrada de novos inmigran¬tes a que teñan asegurado un posto de traballo. En materia de regularización dos foráneos xa residentes, o 61% dos estranxeiros consultados opina que este proceso sería positivo teñan ou non traballo, pero o 52% dos autóctonos condicionan a regu¬larización a que o inmigrante estea empregado arestora.

Outros resultados indican que o 19% dos estranxeiros e o 20% dos galegos afirma que as mulleres inmigrantes padecen máis violencia doméstica cás nativas. E o Barómetro indica finalmente que máis da metade dos galegos -o 55%- ve aos estranxeiros coma máis machistas ca eles mesmos. Canto á integración no ámbito escolar, os nenos estranxeiros non retrasan o normal funcionamento das aulas: así o consideran a práctica totalidade de nativos e inmigrantes enquisados. O 35% dos autóctonos sente desconfianza fronte os inmigrantes, e o 39% dos estranxei¬ros afirma ser tratado con desconfianza.

A ampla maioría dos galegos (64%) e estranxeiros (79%) ven positiva a inmigra¬ción para as economías galega e española.

Análise de evolución
O “Barómetro da Inmigración Galicia 2010”, que está chamado a converterse nun elemento de referencia de gran utilidade para as institucións públicas e privadas que están a traballar no eido migratorio, é o primeiro impulsado dende a actual Administración autonómica.

A elaboración do estudo en anos sucesivos, ademais de permitir a análise da evolución das opinións e percepcións sobre a inmigración en Galicia, tamén posibilitará afondar naquel tipo de consultas que poidan ter máis interese en cada momento, dado o carácter especialmente dinámico e cambiante do feito migratorio.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas