GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia, segunda comunidade que perdeu maior porcentaxe de afiliados estranxeiros no último ano

(21/12/2010)

Galicia, segunda comunidade que perdeu maior porcentaxe de afiliados estranxeiros no último ano

Foto de la Noticia

Foto: EP

O 68,43% cotizan ao réxime xeral, o 12,59% son autónomos e o 10,94% están afiliados ao réxime do fogar

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Dic. (EUROPA PRESS) -

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social ascendía no mes de novembro a 38.558 persoas en Galicia, o que a sitúa como a segunda comunidade na que máis descendeu este colectivo, cunha baixada interanual do 4,68 por cento, segundo os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración.

No último ano, só Castela-A Mancha perdeu máis afiliados estranxeiros á Seguridade Social que Galicia, ao rexistrar unha caída do 5,53 por cento, aínda que esta comunidade presenta un colectivo sensiblemente maior, integrado por 77.590 persoas.

En cifras absolutas, o número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia descendeu desde novembro do ano pasado en 1.893 persoas, o que supón un freo na caída, xa que o descenso alcanzara o 6,84 por cento entre 2008 e 2009. Nese período, a Comunidade galega perdeu 2.971 afiliados estranxeiros, ata situarse en novembro do ano pasado nas 40.451 persoas.

A tendencia ao descenso do número de traballadores estranxeiros afiliados é xeral en toda España, onde en novembro baixou en 34.319 persoas, co que encadeou así o seu cuarto descenso consecutivo tras o de agosto, setembro e outubro.

A Comunidade galega é a sexta que concentra unha menor porcentaxe de afiliación de estranxeiros, ao presentar en novembro pasado só o 2,11 por cento do total nacional, que se eleva a 1.827.754 persoas. Por contra, Cataluña, co 22,18 por cento do total, e Madrid, co 21,53 por cento, son as comunidades con maior proporción.

PERFIL DOS TRABALLADORES ESTRANXEIROS

Dos 38.558 estranxeiros afiliados á Seguridade Social o pasado mes de novembro en Galicia, 22.583 son homes e 15.975 mulleres. Así mesmo, existe unha proporción semellante entre as súas zonas de orixe, xa que 22.929 proceden de países extracomunitarios e 15.629 de países da Unión Europea.

Por países de procedencia, a maioría de estranxeiros que cotizan en Galicia son de Portugal, cun total de 9.424 persoas; seguidos dos orixinarios de Colombia, un colectivo integrado por 3.034 persoas. Pola súa banda, tamén están inscritos con 2.357 checos; 2.495 brasileiros e 1.950 peruanos.

A maior parte dos estranxeiros residentes en Galicia cotizan no réxime xeral, cun total de 26.386 persoas (o 68,43 por cento); seguido do réxime de autónomos, que aglutina a 4.853 persoas doutras nacionalidades (o 12,59 por cento); e o do fogar, que concentra a 4.220 traballadores (o 10,94 por cento). Finalmente, no sector do mar están afiliados 1.675 estranxeiros en Galicia (o 4,34 por cento) e no sector agrario, 1.423 (o 3,69 por cento).

A maior presenza de cotizantes estranxeiros aglutina a provincia de Pontevedra, con 14.346; seguida da Coruña, con 13.743; a de Lugo, con 5.707 e a de Ourense, con 4.762.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas