GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As queixas por temas de estranxeiría soben un 30%

(20/12/2010)

As queixas por temas de estranxeiría soben un 30%
O Defensor do Pobo rexistra 2.000 demandas en 2010

D. A. MADRID 18/12/2010

A Oficina do Defensor do Pobo iniciou preto de 2.000 expedientes en materia de estranxeiría en 2010, un 30% máis que no ano pasado. As denuncias non son demandas contra inmigrantes, senón queixas sobre problemas que tiveron os foráneos á hora de xestionar as súas autorizacións de residencia, para conseguir a reagrupación, visados por motivos excepcionais, fallos no rexistro central de estranxeiros ou presuntos matrimonios de conveniencia.

"E cada vez son máis os españois que se dirixen á institución para interesarse por problemas de cidadáns estranxeiros", afirmou onte nunha nota informativa a Defensora do Pobo en funcións, María Luisa Cava de Llano.

Duas das áreas que xeraron un maior aumento de expedientes en 2010 foron os presuntos casos de trata de seres humanos e a determinación da idade de supostos menores estranxeiros non acompañados. A Oficina do Defensor do Pobo prepara senllos informes monográficos, que presentará en 2011 sobre estas materias.

Tamén son frecuentes as queixas referidas a actuacións de diversos consulados españois, segundo sinala o escrito. "A pesar da existencia do rexistro de matrimonios entre cidadáns nacionais e estranxeiros, denegan o visado ao cónxuxe estranxeiro impedindo o desprazamento deste a España", ao considerar que pode tratarse de matrimonios de conveniencia por motivos migratorios ou económicos.

Ante estes casos, o Defensor do Pobo suxeriu a diversos consulados que doten de visado aos cónxuxes estranxeiros, salvo que non haxa dúbida de que ese matrimonio foi disolto. "Este tema preocupa especialmente á institución, xa que a resposta consular non adoita ser positiva", di Cava de Llano.

As reagrupacions e o rexeitamento en fronteira de menores españois fillos de inmigrantes son outros campos que preocupan ao Defensor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas