GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Menos da metade dos inmigrantes considéranse integrados en Galicia

(16/12/2010)

Menos da metade dos inmigrantes considéranse integrados en Galicia

Santiago de Compostela, 16 dic (EFE).- O 47 por cento dos inmigrantes en Galicia considéranse bastante ou moi integrados na Comunidade e cren que as súas condicións de vida melloraron nos últimos anos, segundo o Barómetro da Inmigración Galicia 2010.

Este estudo, realizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, revela que o mesmo porcentaxe dos estranxeiros (47%) considéranse pouco integrados.

Segundo o avance do Barómetro feito público hoxe pola Xunta, unha ampla maioría dos españois (64%) e dos estranxeiros (79%) residentes en Galicia ven positiva a inmigración para a economía española.

Un 51% dos españois afirma ser tolerante cos inmigrantes, mentres que só o 25 por cento percíbeo realmente na sociedade.

Por outra banda, un 57% dos españois enquisados consideran que os inmigrantes están bastante ou moi integrados, aínda que esa porcentaxe baixa ata o 47% entre os estranxeiros enquisados.

A maioría dos enquisados coinciden en que o colectivo de inmigrantes iberoamericanos é o que conta con maiores facilidades para a integración (o 90% dos españois e o 67% dos estranxeiros), e ambos os grupos sitúan a continuación aos inmigrantes chegados de Europa do leste, e en terceiro lugar aos africanos. Para a elaboración do Barómetro realizáronse 1.409 entrevistas telefónicas e presenciais a cidadáns españois e estranxeiros maiores de 18 anos residentes en Galicia. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas